Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Ábrese o prazo de inscrición para a Xornada de Paintball 2011 organizada polo Concello de Lugo


# Martes, 16/08/2011


Imaxe Asociada
Hoxe día 16 de agosto ábrese o prazo de inscrición para a Xornada de Paintball 2011, organizado pola Área de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, que terá lugar o próximo mércores 31 de agosto. A inscrición pódese facer na oficina de información xuvenil do Centro Social Uxío Novoneyra e o prazo remata o vindeiro 26 de agosto.

A Xornada de Paintball 2011 é unha actividade gratuíta con horario de 11.00 a 21.00 horas. Está dirixida a 112 mozos con idade comprendida entre 14 e 35 anos e cun total de 100 bolas. Unha actividade na que se compaxinarán exercicio, traballo en equipo, estratexia e bo humor.

Esta tarefa forma parte dun proxecto subvencionado pola Unión Europea dentro do programa “Juventud en Acción” enmarcado na acción 1.3, adicada a proxectos de democracia participativa denominado Radares Xuvenís, formado por mozos e mozas lucenses en colaboración con compañeiros e compañeiras de Alessandría (Italia) e Messão Frío (Portugal).

A área de Xuventude amplía así a lista de actividades de verán de carácter lúdico, que proporcionan á mocidade a posibilidade de gozar con alternativas de ocio saudable e interactuar nun ambiente favorable para o seu desenvolvemento persoal.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova