Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O concello organizará a VII edición do concurso de Tapas de Lugo


# Mércores, 17/08/2011
Un total de 40 establecementos poderán participar no concurso que se celebrará entre o 9 e o 25 de setembro

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O concello de Lugo aforrará preto de 15.000 euros na organización do evento ao facelo, nesta edición, con medios propios

O éxito está asegurado, o presidente da Asociación Provincial de Hosteleiros que sinalou que na pasada edición se serviron máis de 40.000 tapas

O tenente-alcade do concello de Lugo, Antón Bao, presentou hoxe, xunto co presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería, Cheché Real, a VII edición do concurso de Tapas de Lugo. A partir de mañá estará aberto o prazo de inscrición para tódolos establecementos que queiran participar. Poderán participar os establecementos de hostalería do concello de Lugo. Serán admitidos no concurso un total de 40 establecementos mediante rigorosa orde de inscrición. O prazo de admisión das solicitudes de participación será entre o 17 e o 24 de agosto. A solicitude de participación farase a través do fax 982.29.71.06. As tapas terán un custo de entre 1€ e 3€.

Bao anunciou, como novidade, que “coincidindo co Congreso Mundial do Xamón, introdúcese unha categoría especial na que participarán aquelas tapas que teñan como ingrediente principal o xamón”. Nesta modalidade poderán participar todos os establecementos inscritos. Cheché Real valorou como positiva este iniciativa como “un xesto importante que se suma á celebración do congreso que vai reunir en Lugo a tódalas denominacións do orixe de xamón do mundo”. Así mesmo mantense o premio á tapa que mellor maride co viño da D.O. Ribeira Sacra ou que mellor use ese viño como ingrediente.

Respecto ás distintas categorías, Bao explicou que “Cada establecemento deberá elaborar unha tapa nas categorías creativa ou tradicional” e “unicamente se poderá concursar nunha das 2 modalidades de tapa creativa ou tradicional”. Como máximo haberá 20 participantes en cada unha destas modalidades. Establécense 8 premios en total: 1º premio de tapa creativa; 2º premio de tapa creativa; 1º premio de tapa tradicional; 2º premio de tapa tradicional; premio á tapa que mellor maride co viño da d.o. ribeira sacra ou que mellor use ese viño como ingrediente; premio á tapa que mellor use o xamón como ingrediente principal.

Outra das novidades que introduce este ano o concurso é, segundo o responsable de turismo do concello, que “entre as persoas que degusten as tapas e acaden os 12 selos dos diferentes establecementos poderán participar no sorteo dunha viaxe de tipo enolóxica para dúas persoas valorada en 1200 euros, 10 entradas para o Club Termal do Gran Hotel de Lugo, 4 estancias de fin de semana no Hotel Husa Puerta de San Pedro e unha estancia para 2 persoa nun aloxamento rural”. Ademais entre todos os cupóns depositados nas urnas e votos recibidos por Internet sortearase un xamón co seu correspondente xamoneiro e 3 lotes de viño da D.O. Ribeira Sacra.

O público decidirá
Os premios decidiraos o público que visite o establecemento, para esto instalaranse urnas en cada un dos cuarenta locais participantes. Tamén se poderá votar vía internet accedendo á páxina web www.lugoturismo.com. Unicamente se admitirá un voto por persoa para cada establecemento, non se admitirán tarxetas de votación sen o DNI. Os consumidores das tapas atoparán nos establecementos o plano da ruta do tapeo, no reverso do plano aparecerá un recadro por cada establecemento participante, onde os empresarios imprimirán o seu selo cada vez que sexan visitados polo cliente.

O público decidirá cos seus votos os 20 establecementos semifinalistas que optarán a conseguir os premios de votación polo xurado. Os integrantes do xurado de finalistas encargaranse de seleccionar as 8 tapas que pasarán á final. Na final os 20 establecementos semifinalistas presentarán as súas tapas no Gran Hotel de Lugo, e serán degustadas polo xurado nomeado polo Concello de Lugo.

Medios propios para o concurso deste ano
Antón Bao salientou ou que este ano, dende o concello, “fíxose unha redución importante que non vai en detrimento do desenvolvemento do concurso”. O tenente-alcalde afirmou que “será o persoal do concello quen asuma o traballo da organización e esto suporá un aforro de preto do 50% este redución ronda os 15.000 euros que custará menos que o ano pasado”. Bao informou que para axustar o gasto no concurso “non se traballará con empresas externas para a organización do concurso, o que nos permitirá este importante aforro” Bao agradeceu ao persoal da área de cultura e turismo o esforzo e o interese demostrado para levar a cabo esta VII edición do evento.

Máis información sobre as bases e a forma de inscrición

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova