Imprimir

O CONCELLO ORGANIZA UN NOVO PROGRAMA DE FORMACIÓN NAS NOVAS TECNOLOXÍAS PARA SETEMBRO EN SEIS TELECENTROS RURAIS


23/8/2011

A partir do mes de setembro iniciarase un novo programa de formación que contén actividades de difusión e formación sobre as novas tecnoloxías, enmarcado dentro do Proxecto europeo PARNET-tic, que xestiona o Concello, e que terá lugar nos telecentros rurais das parroquias de Santa María de Bóveda, Rubiás, Meilán, Vilachá de Mera, Calde e San Pedro de Mera. O prazo de inscrición neste programa formativo está aberto, debendo chamar ao teléfono do 010 do Concello de Lugo ou ao 982 297 350 para chamadas desde fóra do municipio.

O programa formativo ten por obxectivo iniciar ós usuarios e ás usuarias no uso da Internet e das novas tecnoloxías aplicadas ao uso cotián. É un programa dirixido a toda a cidadanía, con actividades para os nenos, os pais, os maiores, as PEMEs e os agricultores.

No telecentro de Santa María de Bóveda as actividades terán lugar os vindeiros día 1, 2 e 5 setembro en horario de 10.00 a 13.00 horas, mentres que no telecentro de Rubiás será ós mesmos días pero en horario de tarde, de 17.00 a 20.00 horas.

Comeza tamén no telecentro rural de Meilán á formación de novas tecnoloxías os días 6, 7 e 8 de setembro en horario de mañá, de 10.00 a 13.00 horas, e no telecentro de Vilachá de Mera en horario de tarde, de 18.00 a 21.00 horas.

Por outro lado, os próximos días 9, 12 e 13 de setembro, empezan ditas actividades no telecentro rural de Calde de 10.00 a 13.00 horas, e no telecentro de San Pedro de Mera de 18.00 a 21.00 horas.

Coñeza a rede de telecentros rurais do Concello de Lugo