Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello anuncia case 100 prazas para o curso intensivo de natación nas piscinas municipais no mes de setembro


# Mércores, 24/08/2011


O Concello de Lugo anunciou a existencia dun total de 97 prazas para o curso de natación intensivo que se celebrará no mes de setembro organizados pola Área de Deportes, e que se levan a cabo nas piscinas municipais de Frigsa e As Pedreiras, cun custo de 40 euros por persoa.

En relación coa Piscina de Frigsa en horario de 16.30 a 17.00 horas, existe unha praza vacante no nivel 0 de aprendizaxe para nenos e nenas nados entre 2004 e 2005. Na mesma franxa de idade, en horario de 17.00 a 17.30 horas e no nivel 0 de aprendizaxe, hai unha praza libre e no nivel 1 de iniciación básica, dúas.

Nesta mesma piscina municipal, existen seis prazas libres no nivel 0 de aprendizaxe en horario de 18.45 a 19.30 horas, once prazas tamén do mesmo nivel 0 e tres prazas de iniciación básica nivel 1, de 19.30 a 20.15 horas; e outras 11 prazas en nivel 0 aprendizaxe e 4 en nivel 1 básico en horario de 20.15 a 21.00 horas, dirixida ós rapaces e ás rapazas nados entre 2001 e 2003.

Por outra banda, a piscina de As Pedreiras ofrece para rapaces e rapazas de entre 7 e 8 anos tres prazas vacantes no nivel 1 de aprendizaxe e 6 prazas no nivel 1 de iniciación básica, en horario de 18.00 a 18.30 horas. Para a mesma idade pero en horario de 18.30 a 19.00 horas, existen 2 prazas libres en nivel 0 de aprendizaxe e 7 prazas en nivel 1 de iniciación básica.

Dez prazas en nivel 0 de aprendizaxe e 4 prazas en nivel 1 de básico en horario de 19.00 a 19.45 horas, son as que oferta a piscina municipal de as Pedreiras para rapaces e rapaces nados entre 2001 e 2003; así como 16 prazas no mesmo nivel de aprendizaxe e 9 prazas no mesmo nivel de iniciación, só que en horario de 19.45 a 20.30 horas.

O prazo de inscrición para os cursos que ofrecerá este ano a Escola Municipal de Natación para o mes de Outubro, Novembro e Decembro estará aberto dende o día 6 ata o 12 de setembro e poderase facer en ambas piscinas.

deportes.lugo.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova