Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta denega, por sexta vez en quince días, unha axuda ao Concello de Lugo prexudicando ás 448 empresas asentadas no Ceao


# Xoves, 25/08/2011
Luis Álvarez informou do cambio de nomenclatura no corpo da Policía Local creando a figura de xefe da policía

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Paz Abraira anunciou que se vai realizar unha auditoría enerxética no alumeado público da cidade para facer unha mellora na calidade e no aforro enerxético.


A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a modificación da relación de postos de traballo do corpo da Policía Local de Lugo segundo manifestou o Concelleiro de Urbanismo e Terceiro Tenente de Alcalde, Luis Álvarez. Como parte da reestruturación da Policía Local de Lugo, seguindo sempre a Lei de Coordinación de Policías Locais de Galicia, solicitouse un cambio de nomenclatura nos mandos dos mesmos.

Luis Álvarez explicou que “o que se pretende é crear a figura de xefe da policía local pero antes necesitamos comprobar xunto cos servizos de persoal que existen as suficientes seguridades en canto a dotación orzamentaria.” Desta maneira, debese agardar polos informes detallados do Servizo de Persoal para a posta en marcha desta nova designación.

O Concelleiro de Urbanismo tamén comunicou que a Xunta de Goberno Local decidiu desestimar o recurso interposto polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia relacionado co edificio de Novas Tecnoloxías do Concello. Segundo Luis Álvarez “o Concello entende que é distinto unha modificación do contrato que unha modificación do proxecto, polo que non incumprimos a lei xa que nas bases establécese unha posible modificación de proxecto sen afectar ao presuposto inicial.”

Álvarez tamén se referiu a que “as modificacións deben ser necesarias e aparecer ao longo da obra para mellorar o resultado final sen engadir percepcións orzamentarias adicionais.”

Denegación de novas axudas da Xunta
A edil nacionalista, Paz Abraira, deu conta da desestimación, por parte de Xunta de Galicia, dunha axuda solicitada polo concello na liña de habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais. Abraira sinalou que “dende o goberno municipal temos que lamentar a Xunta siga actuando desta maneira e que lle siga negando axudas ao concello de Lugo”. Ademais informou que “xa o ano pasado o goberno do PP na xunta denegara unha axuda, nesta mesma liña, para o arranxo da rúa da Industria neste mesmo polígono do Ceao”.

Paz Abraira afirmou que “esta nova denegación que o goberno do PP fai a unha subvención do concello de Lugo vai contra as 448 empresas que están asentadas no polígono do Ceao”. Segundo a segundo a edil responsable de infraestruturas do concello de Lugo “o concello solicitou unha axuda para o arranxo do acceso ao Polígono do Ceao dende a ronda norte que se efectivizaría coa renovación do pavimento deste vial que se atopa en mal estado debido ao tráfico que soportou durante as obras de construción do polígono das Gándaras”. A obra necesaria para a execución destas obras supón un importe aproximado de 137.000 euros.


Auditoría enerxética
A edil nacionalista Paz Abraira informou hoxe da aprobación, pola Xunta de Goberno Local, da contratación dunha auditoría enerxética das instalacións de alumeado exterior do Concello de Lugo. Segundo a Concelleira de Infraestruturas, a realización desta auditoría “ten como finalidade facer unha mellora na calidade do alumeado público e incrementar o aforro enerxético, o que suporá unha mellora en materia medioambiental e económica”. O custo desta auditoría é de 60.538,48 € e terá un prazo de execución de 2 meses dende o momento da formalización do contrato.

A Concelleira sinalou que para esta auditoría “cóntase cunha subvención do INEGA que contribuirá a reducir o custo desta auditoría para o concello”. A finalidade esta auditoría, segundo a edil responsable de infraestruturas do concello de Lugo, “é coñecer cal é o funcionamento actual do alumeado exterior buscando unha maior eficiencia e un abaratamento do servizo para o concello”.

Paz Abraira explicou tamén que “o alumeado debe de estar adaptado ao tipo de vía, o tráfico que recibe, e se é peonil ou non”. Unha vez obtidos os resultados da auditoría o concello estudará a posibilidade de efectuar modificacións onde así o aconselle este estudo.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova