Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Nove persoas foron atendidas no primeiro semestre deste ano polo Centro de Atención ás Mulleres Vítimas de Violencia


# Xoves, 25/08/2011
O Concello convoca o Concurso de Deseño Gráfico contra a Violencia de Xénero

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, deu conta hoxe dos servizos prestados polo Centro de Atención a Mulleres Vítimas de Violencia no primeiro semestre deste ano. Un total de nove persoas, catro mulleres e cinco menores,o que supón un 60% da ocupación total, foron os que pasaron polos pisos de acollida para mulleres que sofren malos tratos do Concello de Lugo.

No primeiro trimestre do ano 2011 ingresou unha muller con dous menores e no segundo trimestre dúas mulleres con dous menores; mentres que a outra muller estaba acollida dende o ano anterior. A idade das acollidas flutúa entre os 35 e 44 anos, procedentes tres delas do Concello de Lugo e unha da zona rural, todas teñen un nivel primario de estudos, son desempregadas ou amas de casa e de nacionalidade, de forma proporcional, española e estranxeira.

“As mulleres que van ao piso de acollida na maioría dos casos son mulleres que non teñen apoio ou axuda familiar suficiente para poder seguir facendo a súa vida, e tamén nos casos das inmigrantes” sinalou Carmen Basadre.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude resaltou que todas as mulleres acollidas presentaron denuncia no seu día, das cales unha foi retirada e que tres delas romperon a convivencia, así como que unha permanece vivindo coa súa parella. En cantos ás medidas xudiciais aplicadas, dúas delas teñen orde de protección e outras dúas, orde de restrición. “Sempre no primeiro trimestre hai menos mulleres atendidas, cando hai máis incidencia é en verán e a partir do 15 de outubro, novembro e decembro”.

Basadre fixo referencia ás axudas de apoio ás mulleres vítimas de violencia durante o primeiro semestre. Para o antigo salario de liberdade houbo 14 solicitudes das que se concederon 8 e non costa resolución das outras 6. Da renda activa de inserción (ERA), solicitáronse 23 das cales 14 foron da primeira solicitude e 9 renováronse, polo tanto concedéronse as 23. Nas vivendas de aluguer houbo 5 novas solicitudes, hai 13 pendendes de resolución, adxudicáronse 9 vivendas, 4 foron denegadas e as cinco que se solicitaron este ano están pendentes de resolución.
En canto ó fomento de emprego da Consellería de Traballo, solicitáronse 10, concedéronse 6 e non hai coñecemento de 4 ; e ás axudas de pagamento único solicitáronse 4, hai unha denegada, dúas concedidas e non consta outra. Ademais solicitáronse catro sobre a prestación á fillos e fillas menores de tres anos, das cales non consta resolución.

Os recursos humanos cos que conta o Concello de Lugo na atención ás mulleres que sofren maltrato son: avogada, traballadora social, psicólogo, pedagoga, especialista en xénero e igualdade, un administrativo e persoas a maiores de Lugo Emprega que tramitan todo o relativo ás subvencións da Casa da Muller. Nos pisos de acollida hai seis persoas que traballan a quenllas, traballadores de familia e auxiliares do fogar que prestan servizo ás vítimas e ós seus fillos e fillas, segundo explicou a Concelleira.

Dous certames contra a violencia de xénero

Carme Basadre tamén presentou as bases do tradicional certame de deseño gráfico contra a violencia de xénero, que abre hoxe o prazo de presentación, e “que servirá como cartel da Xornada contra a Violencia de Xénero de Novembro e como campaña de sensibilización e difusión en materia de prevención.”

A Concelleira sinalou que se valorará sobre todo o impacto do lema que conteña o deseño, que a entrega de orixinais se deberá facer na Casa da Muller ou por correo ata as 13.00 horas do 14 de outubro e que o premio ascenderá a 600 euros ademais dun agasallo.

Por outra banda, segue aberto tamén o prazo de presentación para o segundo Certame fotográfico Revelando o machismo ata o 30 de setembro, dotado cun premio de 600 euros máis diploma.

“Todo o que teña que ver ca eliminación, prevención ou erradicación da violencia de xénero é importante destacalo” manifestou Carmen.

http://www.lugo.es/ws/casadamuller

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova