Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo enviará a principios de semana o texto refundido do Plan Xeral á Xunta para a súa aprobación definitiva


# Venres, 26/08/2011


O Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, informou hoxe da finalización das correccións e modificacións que esixiu a Xunta de Galicia para a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Luis Álvarez informou que “o texto refundido do PXOM xa está no Concello con todos os informes favorables precisos e, neste momento, está sendo dilixenciado polo secretario municipal para na próxima semana envialo á Xunta de Galicia para a súa aprobación definitiva.”

Despois do proceso de modificacións necesarias e ordenadas pola Xunta de Galicia, un proceso longo e complexo que se levou a cabo no mes de xullo xunto coa empresa redactora, xa se dispón do documento refundido. Unha vez aprobado polo ente autonómico deberá ser publicado no BOP para a súa entrada en vigor.

Luis Álvarez incidiu en que “desta maneira demóstrase que o goberno de Lugo traballa con eficacia e discreción como se comprometeu cos seus veciños. Agora só falta agardar que a Xunta sexa tan rápida e eficaz nas súas resolucións e que novo PXOM poida entrar en vigor antes de fin de ano.”

http://www.lugo.es/ws/pxom

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova