Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Servizos Sociais denuncia que a Xunta conxela a subvención para dependentes e non da novas altas no servizo


# Luns, 29/08/2011
Ana G. Abelleira lembrou que a entidade autonómica non asume as súas competencias en materia de servizos sociais.

Imaxe Asociada
A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, informou hoxe da conxelación do presuposto que o Concello de Lugo recibía por parte da Xunta de Galicia en materia de dependencia. Trátase dunha subvención relacionada coa Lei de Autonomía Persoal, publicada en 2007, nas que a Xunta de Galicia proporciona unha axuda para as persoas dependentes que necesiten axuda no fogar para levar a cabo a súa actividade normal,

González Abelleira lembrou que cada vez as demandas aumentan máis e que a subvención non da para cubrir as necesidades de todas as persoas solicitantes. Ademais, aludiu que o departamento de Servizos Sociais “no último semestre deu 25 baixas, o que supón 1215 horas que a Xunta non está a utilizar. Estase deixando de atender a 25 persoas a través de horas de dependencia simplemente porque a Xunta non as está dando de alta”.

“A Xunta non está a facer ningún esforzo, polo que o Concello de Lugo asume todos os gastos para que as persoas dependentes poidan seguir adiante” manifestou a Concelleira. Tamén aproveitou para lembrar que a Xunta tampouco colabora na emerxencia social, e máis nesta época de crise social e económica, xa que é un servizo que ofrece o Concello de Lugo con orzamento de 70.000 euros anuais, dos que a Xunta pon entorno a 1.200 euros. A Concelleira de Servizos Sociais quixo lembrar que nesta época é esencial que a entidade autonómica participe e se preocupe polas persoas que máis necesidades están pasando e asumas as súas competencias.

Ana González insta á Xunta “a que siga dando ás altas no que se refire á dependencia, que palie as necesitades da poboación máis necesitada, que non deixe de lado ós servizos sociais e que non vulnere os dereitos das persoas dependentes; porque a dependencia é un dereito e non é unha simple subvención”.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova