Imprimir

O ALCALDE DE LUGO ANUNCIOU A CREACIÓN DE DÚAS NOVAS ORDENANZAS EN MATERIA DO SISTEMA ORA E DA POLICÍA LOCAL


29/8/2011 José López Orozco informa tamén da revisión do regulamento da policía municipal e da venda ambulante

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, anunciou hoxe a creación dunha comisión de estudio da nova ordenanza da ORA e outra da Policía Local. Para esta medida crearase unha comisión de técnicos, políticos do Concello e de persoas de fóra do ente local. Nestes estudios que se farán a través da comisión contarase tamén con asociacións de veciños, asociacións e federacións de comerciantes para que dean a súa opinión, xa que “se presentará un borrador aberto a estudio e a consenso”; segundo informou o rexedor local.

López Orozco lembrou que a revisión da ordenanza da ORA “é necesario facelo xa que hai moitas variacións na necesidade e ampliación da zona ORA, das que non dou nada por suposto xa que para esto estará a comisión, ademais de que a existente xa ten moitos anos.”

Por outra lado, López Orozco, explicou que a “nova ordenanza da Policía local abrangue dende denuncias, multas, contía das multas e aspectos medioambientais, ademais doutros aspectos novidosos e informais.” Para a revisión desta ordenanza utilizarase como base a ordenanza tipo que se fixo na Federación Española de Municipios e Provincias o que non significa que se adapte todo ao 100%.

Estas dúas ordenanzas, a da ORA e Policía Local, prevese que estén rematadas ó final do trimestre, para que se podan levar a Pleno a últimos de decembro co máximo consenso político e social.

Revisión de ordenanzas
O Alcalde tamén anunciou “que se vai a someter a un pequeno cambio debido á preocupación real que hai na cidade, fundamentalmente en APREVAR, no que se refire á venda ambulante de automóbiles polas rúas”. Vai ser unha pequena reforma que ser vai propoñer aos grupos para cambiar a venta de vehículos da ordenanza de civismo para a de comercio ambulante, obtendo un maior respaldo legal.

Outra norma que se revisará vai ser o Reglamento da Policía Local debido a que “está obsoleta xa que a nosa data dos anos 80 polo que moitas cousas cambiaron como a nova Lei de Corpos e Forzas de Seguridade de Galicia que, nalgúns aspectos, vai máis lonxe do noso regulamento” segundo explicou José López Orozco. Neste sentido tamén explicou que “esta reforma vai levar máis tempo porque quero que participen os sindicatos da policía local con suxestións para elaborar o informe técnico, facer a normativa e levala a cabo.”