Imprimir

CLAUSURADO O CURSO DE AGOSTO DA ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL DE TENIS VERÁN 2011


30/8/2011

Hoxe clausurouse o curso de agosto de tenis da Escola Deportiva Municipal de Tenis Verán 2011, organizado pola Federación Galega de Tenis en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello de Lugo.

Neste acto, que tivo lugar nas pistas de tenis municipais de Frigsa, estivo presente o presidente da Federación Galega de Tenis, o lucense José Antonio Pereiro,que fixo entrega de medallas do mini torneo final de clausura.