Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Carmen Basadre entrega o premio e os diplomas do concurso de contos "Fingolín e os seus amigos" no Centro de Fingoi


# Martes, 30/08/2011


A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, entregoulles esta mañá, ás nenas e nenos do grupo dos maiores, os diplomas de participación e o premio ao gañador, un vale de libros por importe de 50 euros, do concurso de contos “Fingolín e os seus amigos” no acto de clausura da festa de remate das Aulas Abertas de Verán do 2011 organizadas polo Concello de Lugo. Ao acto, celebrado no Salón de Actos do Centro de Convivencia Fingoi, asistiron os nenos e as nenas que participaron durante todo o verán nas Aulas Abertas, ademais dos seus familiares e amigos.

O concurso de contos “Fingolín e os seus amigos” é unha actividade pensada dende a Axencia de Lectura como unha forma de promocionar a mascota infantil da mesma que se elixiu o pasado ano por estas datas, Fingolín, tamén proposta polas cativas e cativos das Aulas Abertas 201.

A presentación dunha pequena parte do “traballo” realizado durante estes dous meses pasados polas nenas e nenos, coa dirección das monitoras e monitores, foi un dos actos que precedeu á entrega dos diplomas. A representación do conto “O desfile”, con texto do francés Olivier Douzou e ilustracións de Emilie Chollat, que conta unha fantástica historia sobre un rei, un desfile e a xente que asistía e a coreografía de baile ao son da canción “Mueve el ombligo” do grupo musical “3+2” foron as actividades que formaron parte desta festa.

Comezo do curso nas garderías de Gregorio Sanz e Serra de Outes

O vindeiro 1 de setembro ás 20.00 horas terá lugar unha reunión, cas nais e cos pais das nenas e nenos que comecen o curso nas garderías municipais Gregorio Sanz e Serra de Outes, na propia gardería. A finalidade de dita reunión é a entrevista persoal cas nais e cos pais así como o período de adaptación das cativas e dos cativos.


Centros de Convivencia / Escolas Infantís Municipais






Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova