Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo colabora no VII Torneo Nacional de Tenis dende o día 1 ata o 8 de setembro no Club Fluvial de Lugo


# Mércores, 31/08/2011
102 xogadores participarán nas distintas categorías do torneo, que repartirá 3.900 euros en premios

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou hoxe, xunto có Director do Torneo, Ignacio López e o Director do Club Fluvial de Lugo, Eugenio Rodríguez, a sétima edición do Torneo Nacional de Tenis que se levará a cabo no Club Fluvial de Lugo entre os días 1 e 8 de setembro, no que participarán un total de 102 xogadores nas disintas categorías.

Grandío afirmou que esta “VII edición do Torneo de Tenis será un éxito deportivo e para moitos os aficionados que hai ó tenis na nosa cidade será unha boa maneira de ver en directo algúns dos bos tenistas que están no cartel desta edición”.

Segundo destacou o Director do Torneo, Ignacio López, “o Torneo, referente a nivel galego e nacional, contará coa presenza de 10 coñecidos xogadores do ránking nacional, como o gañador da pasada edición e número 21 no ránking de España, Roberto Menéndez, Ricardo Vilacorta, número 34 no ránking nacional e caras novas como o rumano Cristian Voinea”.

A fase previa disputarase entre os día 1 e o 4 de setembro, mentres que o cadro principal xogarase do 4 ao 8 de setembro. As probas serán en varias categorías: absoluto masculino, cadete masculino e feminino, infantil masculino e feminino, alevín masculino e feminino e benxamín mixto.

Esta primeira fase previa do absoluto masculino contará con 32 xogadores (28 entradas directas e 4 Wild Cards), mentres que o principal o xogarán 24 xogadores (17 entradas directas, 4 clasificados da previa e 3 Wild Cards). Nas categorías inferiores a previa será disputada por 24 xogadores (21 entradas directas e 3 Wild Cards), mentres que o principal contará con 8 xogadores ( 4 entradas directas e 4 clasificados da previa).

A dotación de premios será, en individual masculina, de 1.200 euros e trofeo para o campión, 600 euros e trofeo para o finalista, 300 euros para o semifinalista, 150 euros para 1/4, 75 euros para 1/8 e 37,50 euros para 1/16. No resto de categorías, levarán un trofeo o primer e segundo clasificado.

A maiores da competición tenística levaranse a cabo outras actividades importantes como un clinic para rapazas e rapaces das diversas escolas de tenis da localidade, impartidas por Marco Casal, director técnico da Federación Galega de Tenis, e Miguel Casal, campión galego de tenis, número 33 no ránking nacional e participante no Torneo.

Ademais terá lugar unha exhibición de tenis en silla de rodas, previa a gran final do xoves día 8, de dous xogadores que competiron nas Paralimpiadas, Martin Varela e Álvaro Illobre.

Segundo Mini Trail

Por outra banda, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o Director do Club Fluvial de Lugo, Eugenio Rodríguez, tamén presentaron o segundo Mini Trail, organizado polo Club Fluvial de Lugo en colaboración coa Área de Deportes do Concello de Lugo, que se desenrolará no Club Fluvial de Lugo o vindeiro sábado 3 de setembro a partir das 09.30 horas e durante toda a mañá.

Uns 100 participantes en categorías absoluta feminina e masculina e maior de 45 anos masculino e feminino, abrirán a carreira de montaña que terá lugar no Monte Segade cunha distancia de 23 Km e un desnivel positivo de 773 metros. Os premios outorgaranse en torno á unha, un trofeo para os tres primeiros de cada categoría e un diploma a todos os que cheguen á meta, para ter lugar despois unha comida de confraternidade.

Os dorsais entregaranse no salón de actos do club Fluvial de Lugo o venres 2 de setembro de 18.00 a 21.00 horas e o día da proba de 08.00 a 08.45 e a proba estará debidamente sinalizada con carteis indicadores e cintas de balizamento.

Grandío mostrou así a “aposta por actividades clásicas e novas para incorporar en algunha modalidade a novas persoas e ofrecer tamén actividades novas e diferentes para tratar de captar máis xente que adopte a actividade deportiva como algo habitual dentro da súa vida”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova