Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Este sábado disputarase o 48 Gran Premio Ciclista Milagrosa


# Xoves, 01/09/2011


O vindeiro sábado, día 3 de Setembro, celebrarase o 48º Gran premio ciclista Milagrosa que se desenvolverá, a partir das 16.00 horas, no circuíto urbano situado na Avenida Duquesa de Lugo.

A proba ciclista dará comezo coas categorías de Escolas nas que os principiantes competirán nunha xinkana, mentres que os alevíns farán catro voltas ó circuíto cun total de 4,8 quilómetros. De seguido, a categoría de infantís fará un percorrido de 15 voltas (18 km).

A continuación dará comezo o Gran Premio Ciclista Milagrosa para a categoría de Cadetes que farán un percorrido maior no mesmo circuíto urbano, xa que deberán de completar un total de 20 voltas (40 km).

A proba ciclista rematará coa categoría de Juniors, que darán 28 voltas (56 km).

Nesta edición do Gran Premio Ciclista Milagrosa, unha das probas máis antigas do calendario ciclista de Galicia, tomarán a saída non só xóvenes corredores pertencentes a clubes da nosa Comunidade Autónoma se non que tamén se contará coa participación de clubes e ciclistas das Comunidades Autónomas de Asturias e Castela-León.

Esta 48 edición do Gran Premio Ciclista Milagrosa está organizada polo Clube Ciclista Milagrosa co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Lugo e a colaboración dalgunhas firmas comerciais da cidade.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova