Imprimir

40 ESTABLECEMENTOS PARTICIPARÁN NO VII CONCURSO DE TAPAS DE LUGO


1/9/2011 As tapas poderanse degustar entre o 9 e o 25 de setembro

Antón Bao informou que preto de 9.000 persoas pasaron pola oficina de turismo en agosto que foi o mes con máis visitantes á cidade de Lugo

O tenente-alcalde, o nacionalista Antón Bao, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería, Cheché Real, presentaron hoxe a VII edición do Concurso de Tapas que organiza o concello de Lugo. Bao e Real anunciaron, que tal e como estaba previsto nas bases, no concurso participarán un total de 40 establecementos. Segundo explicou Antón Bao ”os participantes repartiranse en dúas categorías 20 establecementos en Tapa Tradicional e 20 establecementos en Tapa Creativa”. O concurso comenzará o venres 9 de setembro e continuará ata o domingo 25 de setembro. As tapas poderanse degustar durante estes o horario de 13:00 a 15:30 e de 20:00 a  22:30. Nas bases está marcado que as tapas terán un prezo de entre 1 e 3 euros.

Antón Bao destacou “o gran interese dos hostaleiros por participar no concurso” e sinalou que nesta edición quedaron fora algúns establecementos que, debido á limitación no número de participantes, non se puideron inscribir”. Ademais dos premios “oficiais” haberá dous premios especiais para os establecementos que participen utilizando nas súas tapas, como elemento principal ou ingrediente, o xamón. Este premio dáse este ano por coincidir o concurso de tapas coa celebración, en Lugo, do congreso mundial do xamón. Haberá outro premio especial para os que utilicen como ingrediente viño da D. O. Ribeira Sacra. 9 establecementos competirán en cada unha destas dúas categorías. Bao fixo referencia á creatividade e sinalou que “poderanse degustar cousas tan curiosas como “berberechos ao vapor servidos nun vasiño con anhídrido carbónico seco”.

Turismo no mes agosto
Lugo recibiu, no mes de agosto, máis visitantes que en calquera dos meses anteriores. Lugo recibiu unha media de 282 visitas diarias, superando a media do mes de xullo que fora de 206 visitantes. Un total de 8.766 persoas acudiron á Oficina Municipal de Turismo, ubicada na Praza do Campo, para demandar información sobre a cidade, segundo os datos facilitados hoxe polo responsable de turismo, e alcalde en funcións, Antón Bao. Os datos tamén revelan un incremento no número de visitantes respecto ás mesmas datas do pasado ano.

Tanto Antón Bao como Cheché Real coincidiron en que o importante é que “os turistas veñan a Lugo” aínda que as estancias e o gasto realizado na cidade non sexa todo o que sería desexable. Bao sinalou que “Lugo ten a materia prima e temos que mimar os aspectos naturais, gastronómicos e culturais que fan de Lugo un lugar atractivo”. Cheche Real destacou “a necesidade de colaborar e consensuar todos os aspectos relacionados coa gastronomía e o turismo entre os empresarios da hostalería e o concello”. Real anuncio que a partir de agora a Asociación Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería dará os datos non so en función da ocupación hoteleira se non tamén en función da “gasto” en restaurantes.

Na primeira quincena de agosto Lugo tivo un total de 8.766 visitantes, unha cifra que case duplicou número acadado no mes de xullo, que fora o mes con máis turistas (4.738), seguido de xuño (3.621) e abril (3.299) por coincidir neste mes este ano a Semana Santa. Na ponte do 15 de agosto Lugo tivo 1.331 visitantes, cifra que superou, en visitas, á ponte do 25 de xullo con 1.011 visitas á Oficina Municipal de Turismo.

En canto á procedencia dos visitantes, nesta primeira quincena de agosto, foron maioritariamente procedentes do estado español. O maior número de visitantes procedía, por esta orde, de: Madrid (1763), Cataluña (1266), Andalucía (745), Euskadi (682) e Valencia (681), despois figuran outras comunidades como Castela-León (460) e Castela - A Mancha (332) ou Asturias (302). Respecto aos visitantes estranxeiros Lugo tivo un total de 1.129 visitantes durante o mes de agosto. Os lugares de orixe con máis visitantes foron Francia (263), Italia (223), Arxentina (93) e Reino Unido (86).

Os datos de turismo en Lugo

  ANO 2011 ANO 2010
Xaneiro 630 894
Febreiro 1.150 1.052
Marzo 2.118 2.444
Abril 3.299 3.079
Maio 2.939 2.695
Xuño 3.621 3.752
Xullo (1ª quincena) 4.738 4.526
Agosto 8.766 8.468
TOTAL (1 xaneiro ao 31 de agosto) 27.261 26.910

Máis información do VII Concurso de Tapas de Lugo