Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha exhibición de xadrez subacuático e a oportunidade de xogar con Quique Setién son dúas das actividades programadas este mes para fomentar o xogo do xadrez en Lugo


# Xoves, 08/09/2011

Os Concelleiros de Educación e Deporte e o Presidente da Escola Luguesa de Xadrez presentaron hoxe a Escola Municipal de Xadre



Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O prazo de inscrición estará aberto dende mañá ata finais de mes e as clases empezarán en outubro


Os Concelleiros de Educación, Esther Muñoz, e Deporte, José Manuel Díaz Grandío, presentaron hoxe a Escola Municipal de Xadrez, nun acto no que tamén participou Pablo Castro, Presidente da Escola Luguesa de Xadrez.

Como preámbulo ó comezo da Escola Municipal de Xadrez este mes vanse celebrar durante varias chamativas actividades que tratan de contribuír á divulgación e promoción do xogo do Xadrez entre a cidadanía lucense. Unha desas actividades será a celebración dunha exhibición de xadrez subacuático, tamén se contará coa colaboración do entrenador do CD Lugo, Quique Setién, disposto a xogar partidas simultáneas contra os lucenses que o desexen, e tamén haberá unha exhibición de chess sport, unha no que se xoga por parellas.

A Escola Municipal de Xadrez forma parte das Escolas Deportivas que organiza o Concellería de Deportes e conta co apoio da Concellería de Educación. Tanto Esther Muñoz como José Manuel Díaz Grandío manifestaron a decisión do Concello de seguir apostando pola ensinanza do xadrez e lembraron que se trata dunha actividade xa consolidada no noso concello.

O prazo de inscrición para tomar parte na Escola Municipal de Xadrez estará aberto dende mañá ata finais de mes e o curso terá lugar dende outubro ata maio do ano que vén. O custe da matrícula é de 20 euros e o prezo é de 10 euros ó mes. Para as persoas que non teñen recursos económicos hai un programa de bolsas.

Para este venres está prevista a participación de Quique Setién, unha actividade que terá lugar de 18.30 a 20.00 horas na praza Maior na que o entrenador do CD Lugo, que é gran amante do xadrez, xogará partidas simultáneas contra os lucenses que o desexen. Xogará tres simultáneas e en cada unha delas participarán catro xogadores. Quique Seitén disporá de dez minutos e os seus rivais cinco minutos. Esta é unha iniciativa que pretende fomentar o xadrez en Lugo, dar a coñecer a Escola Municipal de Xadrez e tamén crear alternativas lúdicas nas principais prazas da cidade. Está previsto que se fagan unhas postais conmemorativas e vainas firmar Quique Setién.

O martes, día 13, terá lugar, tamén na praza Maior, de 18.00 a 19.30 horas unha exhibición de Chess Sport, no que se xoga por parellas e ningún dos xogadores pode falar co seu compañeiro. Logo de facer un movemento, o xogador ten que ir ata a súa liña de saída, que estará situada a 5 metros de distancia do taboleiro, para darlle relevo ó seu compañeiro.

E o sábado, día 17, haberá outra espectacular actividade. Neste caso, será unha exhibición de xadrez subacuático, na piscina cuberta de Frigsa. A exhibición farase de 11.30 a 12.30 horas e os participantes xogarán partidas por parellas no xadrez xigante que estará situado debaixo da auga e terán que dar relevos co seu compañeiro que se atopara a poucos metros do taboleiro. Cada parella disporá de 12 minutos para toda a partida.

xaquedrum.es

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova