Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Presentado en Bruxelas o funcionamento do proxecto europeo de Radares Xuveniles que lidera a Concellería de Xuventude


# Xoves, 08/09/2011
O proxecto está financiado pola Unión Europea e nel participan mozos de Lugo, Portugal e Italia

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, acompañada por oito mozos de Lugo Lugo participantes no proxecto europeo de Radares Xuveniles presentaron hoxe os resultados deste proxecto nun Seminario que organiza a Unión Europea en Bruxelas.

O proxecto de Radares Xuveniles, líderado polo Concello de Lugo e no que colaboran mozos de Italia e Portugal, xurdiu dunha iniciativa da Concellería de Xuventude que se desenvolve en diversos centros públicos de ensino secundario da nosa cidade, desque se puxo en marcha no curso académico 2005-2006. Na actualidade funciona en 8 dos 9 centros públicos de Lugo, concretamente nos IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes, IES Lucus Augusti, IES Politécnico, IES Xoán Montes, IES Sanxillao, IES poeta Manuel Leiras Pulpeiro, IES A Piringalla e IES Ánxel Fole.

Neste proxecto de democracia participativa, que financia a Unión Europea, dentro do Programa Xuventude en Acción, participan a Concellería de Xuventude do Concello de Lugo, que lidera o proxecto, a Fundación para o desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, a Câmara Municipal de Mesao Frio (Portugal), a Associaçao juvenil, cultural e desportiva de Vila Marim (Portugal), ASPAL s.r.l (Italia) e o Grupo de Jóvenes no asociados de Alessandria (Italia).
Os estudantes dos institutos de Lugo elixen dous representantes por cada centro que actúan de intermediarios entre os seus compañeiros e a administración local para presentar suxestións e opinións que axudan a elaboración da programación das actividades xuveniles que desenvolve o Concello.

No curso 2010-2011 o proxecto conseguiu ser financiado polo programa Xuventude en Acción da Unión Europea e incorporáronse como socios Italia e Portugal.

O grupo de mozos de Italia e Portugal visitaron Lugo entre o 28 de abril e o 1 de maio e participaron nun obradoiro transnacional de ideas ademais de ver in situ como funciona o proxecto de Radares Xuveniles para trasladar esta experiencia ós seus países. Desas xornadas xurdiu un manual de Boas Prácticas que foi presentado hoxe no Seminario de difusión de resultados, en Bruxelas.

Neste Seminario falaron os representantes dos Radares de cada país, para expor as súas experiencias e conclusións deste proxecto.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova