Cargando....
Concello de Lugo
06/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde acompañou ó Ministro de Fomento nunha visita ás obras do treito Nadela-Vilamoure da Autovía Lugo-Santiago


# Venres, 09/09/2011
Fomento destinou 80 millóns de euros á construción deste treito de 7 quilómetros de lonxitude

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
As obras inclúen a execución dun ramal de autovía de acceso a Lugo e tamén está prevista a construción dunha nova porte sobre o río Miño de 375 metros de lonxitude

O Ministro asinará o día 16 novos convenios co Concello para rehabilitar a Ponte romana e para novas infraestruturas de comunicación




O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañou esta tarde ó ministro de Fomento, José Blanco, nunha visita que efectuou ás obras do treito Nadela-Vilamoure da autovía A-54 (Lugo-Santiago), que está a construír o Goberno de España. No acto tamén participaron o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo, e o Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe.

Trala visita ás obras, o Ministro anunciou que volverá a Lugo o día 16 para asinar un novo acordo para construír novas infraestruturas en Lugo, ás que se comprometeu na inauguración da nova Ponte do Miño e o convenio para a rehabilitación da Ponte romana, un proxecto que será financiado con cargo ós fondos do 1% cultural.

Tocante ás obras de construción da Autovía, o Ministerio de Fomento destinou case que 80 millóns de euros á construción deste treito duns 7 quilómetros de lonxitude.

Dentro deste tramo en execución, ademais da nova infraestrutura entre Nadela e Vilamoure, inclúese un ramal de conexión coa cidade de Lugo coas características de autovía.

A autovía A-54, que conectará Lugo con Santiago, xa conta con cinco treitos en obras e outros dous en fase de proxecto.

Características técnicas

O trazado da autovía, de 7 km de lonxitude, ten a súa orixe en Nadela, onde enlaza coa A-6, co tramo Nadela-Tolda (LU-11) recentemente desdoblado, coa antiga N-VI, coa estrada autonómica LU-546 e o novo autonómico CG-2.2.

A autovía acaba 700 metros ó norte de Vilamoure, ó oeste da estrada autonómica LU-612, dentro do termo municipal de Lugo. Neste punto proxectouse o enlace de Vilamoure, que permite a conexión da LU-612 coa autovía A-54 e co ramal da conexión con Lugo.

No treito está prevista a construción dun novo viaduto sobre o río Miño, de 375 metros de lonxitude, situado ó suroeste do núcleo rural de Albares.

No contorno do enlace da A-6 e a A-54, a autovía cruza a LU-546, e a nova vía autonómica CG-2.2, ambas de titularidade da Xunta de Galicia, e a N-VI. Estas tres vías crúzanse a distinto nivel mediante pasos inferiores, no caso das estradas, e mediante un viaduto, no caso da CG-2.2.

No transcurso das obras, foi necesario realizar un axuste do trazado de case 2,5 km de lonxitude por mor da existencia dun xacemento castrexo de importantes dimensións e bo estado de conservación. Esta modificación do trazado, xa aprobada, supuxo desprazar nese treito o tronco da A-54 cara o sureste evitando o impacto severo e directo que tería producido o trazado orixinal.

Ramal de autovía de conexión con Lugo

O trazado do ramal de conexión con Lugo, de 4 km de lonxitude, ten a súa orixe na glorieta de enlace de Vilamoure e desenvólvese entre os núcleos rurais de Amieiros, Fonte do Mouro Fontao e As Campiñas.

Nun punto intermedio do ramal inclúese o enlace coa N-540 e a N-540, de tipoloxía diamante con glorieta superior, onde se enlaza ademais cos viais de acceso cara a nova ponte sobre o Río Miño, pechando así unha malla que mellora a accesibilidade e hacia esta zona de Lugo.

No treito final de acceso á cidade de Lugo, que se desenvolve sobre a actual N-540, deseñáronse vías colectoras nas dúas marxes que encauzan o tráfico procedente da propia N-540 e da estrada LU-232l. Ademais, neste punto proxectouse unha pasarela que dota á zona da adecuada permeabilidade.

Integración ambiental

No apartado de integración ambiental, a obra acada un presuposto de 2,1 millóns de euros. O capítulo máis importante, que ascende 1,1 millóns de euros, compóñeno as medidas de integración paisaxística e restauración da vexetación. A obra deberá acometer a plantación de máis de 77.000 exemplares autóctonos, así como a hidrosemente de 384.000 metros cadrados de taludes de desmonte.

O segundo capítulo en importancia económica é o da preservación del patrimonio arqueolóxico, que inclúe actuacións sobre os de A Casilla, A Madorra e Ventosiños. A cantidade asignada a estes traballos é de case que un millón de euros.

O resto do orzamento está destinado a actuacións preventivas durante a obra, como balsas de decantación, barreiras de retención de sedimentos, e outras accións que evitan danos ó medio ambiente na fase de construción.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova