Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

ANUNCIO - Inicio do expediente de baixa de asociacións / trámite de audiencia


# Xoves, 15/09/2011


ANUNCIO

Por medio do presente faise público que o Tenente de Alcalde delegado da Área de Servizos Xerais e Modernización Administrativa, mediante Decreto da Alcaldía número 058/2011 do Libro de Resolucións en materia de Servizos Xerais do día 6 de setembro de dous mil once RESOLVEU:

Proceder a comunicarlles ás asociacións que de seguido se citan, mediante publicación no Taboleiro de Anuncios e páxina web do Concello e anuncio no BOP por non cumprir cos requisitos establecidos para estar incluídas no Rexistro Municipal de Asociacións, o inicio do expediente de baixa, polo que se lles dá trámite de audiencia para que poidan revisar o expediente, na Oficina de Participación Cidadá, e presentar as alegacións, documentacións ou xustificacións que estimen pertinentes, na Oficina de Rexistro Xeral do Concello, situadas ambas as dúas no baixo do Centro de Servizos Municipais, na ronda de Muralla, 197, nun prazo de QUINCE DÍAS hábiles, contados a partir do seguinte ó da recepción desta notificación, de acordo co establecido no Regulamento de participación cidadá e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común:

15- ASOCIACIÓN SERVICIO DE AYUDA CIUDADANA
16- ASOCIACIÓN “O PÉ DA MURALLA”
17- ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DO BARRIO DA RESIDENCIA
19 ASOCIACIÓN FOLCLÓRICA E CULTURAL REVIRAVOLTA DE LUGO.
25- ASOCIACIÓN CULTURAL “ASTEME”
26- ASOCIACIÓN DE VECIÑOS “O CARBALLO” ACEA DE OLGA-A TOLDA.
28- ASOCIACIÓN PARA LA MEJORA DE LAS INFRAESTRUCTURAS DEL CENTRO DE LUGO.
30 -AGRUPACIÓN DE AAVV DO MUNICIPIO DE LUGO.
35- ASOCIACIÓN MUSICAL ARS NOVA.
50- ASOCIACIÓN DE VECIÑOS AMIGOS DA FONTE.
56- ASOCIACIÓN DE PADRES DE ALUMNOS DEL COLEGIO DE EDUCACIÓN ESPECIAL NÚMERO 2 DE LUGO.
67- ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE PENSIONISTAS DE LA PROVINCIA DE LUGO (ASPPE)
70- ASOCIACIÓN NACIONAL DE OBXECCIÓN DE CONCIENCIA (ANOC).
83- ASOCIACIÓN DE VECINOS DE CUÍÑA.
90- CLUB BALOMNANO FINGOI.
102- ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE SAN MARTÍN DE HOMBREIRO.
108- ASOCIACIÓN JUVENIL “ALMENILLA”.
109- ASOCIACIÓN JUVENIL “SAN JOSÉ DE AS GÁNDARAS”.
127- ASOCIACIÓN “LUGO MONUMENTAL”.
129- ASOCIACIÓN POLO MOVEMENTO RADIOFÓNICO LUGUÉS (A.M.O.R.A.L.).
130- CLUB DE HÓCKEY LIÑA“CABUXUS” LUGO.
150- PLATAFORMA POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DE LUGO.
152- CLUB BALONMANO LUCENSIS.
155- ASOCIACIÓN DE VECIÑOS “CASTRO DE CORBAZAL DE SANTA EULALIA DE BÓVEDA”.
159- XABARÍN RUGBY CLUB.
161- HELIOS, B.C.
176- ASOCIACIÓN LUCENSE PARA LA INTEGRACIÓN LABORAL DE LAS PERSONAS CON MINUSVALÍA (ALAMI).
180- ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE SAN PEDRO E SANTA EUFEMIA DE CALDE.
184- ASOCIACIÓN CULTURAL “SADALLAGRA”.
190- LA NAVE II, ASOCIACIÓN CULTURAL, DEPORTIVA Y JUVENIL.
194- ASOCIACIÓN CULTURAL “TERRA DE ALBEIROS”.
197- S.D. ASPIC-LUGO.
203-ASOCIACIÓN CULTURAL “ALTO-MINHO”.
206- ASOCIACIÓN PROVINCIAL LUCENSE DE ALCOHÓLICOS REHABILITADOS.
210-CLUB DE BILLAAR “EL MASSÉ”.
213-ASOCIACIÓN “RAMILENSE”-VECINOS DE RAMIL.
217-ASOCIACIÓN JUVENIL “CASTELO”.
223- ADRENALINA WATER SKI CLUB.
232-ASOCIACIÓN “MARIA BALTEIRA”.
234-ASOCIACIÓN VECINAL “AS CHANQUIÑAS-ABELLA.”
235-ASOCIACIÓN CULTURAL “REDES ESCARLATA”.
242-CLUB DEPORTIVO “ADARVE-LUGO.
245- CLUB DE JUDO “SCULTURE ANCARES”.
250- ASOCIACIÓN “EX ALUMNOS DE RELACIÓNS LABORAIS LUCUS AUGUSTI”.
251- ASOCIACIÓN CULTURAL “PRODUCCIONES PRESUPUESTO CERO”.
252-CLUB DE BUCEO “LUGO”.
276- ASOCIACIÓN POLA LIBERDADE AFECTIVA E SEXUAL DE LUGO.
285- CLUB ATLÉTICO MURALLA DE LUGO.
286- ASOCIACIÓN DE VECIÑOS POETA NORIEGA VARELA E COLINDANTES.
289- CLUB DEPORTIVO DACT-CONTROL- LUGO.
295- AMIGOS DA CARBALLEIRA DE NADELA
296- URUGUAYOS EN LUGO.
299- CLUB DE ROL “LUZAROL”.
300- ASOCIACIÓN DE MULLERES PRESTADORAS DE SERVIZOS SOCIAIS “AXUDA”.
309- ASOCIACIÓN LUCENSE PRO-ACTIVIDADES DIVULGATIVAS, LÚDICAS E CULTURAIS “NEMETON”.
315-ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES E INDUSTRIALES DE LA AVENIDA DEL 18 DE JULIO.
324-ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA PARQUE DA MILAGROSA.
365- ASOCIACIÓN CASA LATINOAMERICANA EN GALICIA.
366-ASOCIACIÓN BRIGADISTA DE GALICIA.
391- CLUB KEMAISDA SPORT CLUB.
392-CLUB KASTRI RACING TEAM.
402-TRISKELA.
403-CLUB “VERONIA”.
405-ASOCIACIÓN “BANCO DE ALIMENTOS DE LUGO”.
455-ASOCIACIÓN SOCIO CULTURAL PERÚ-LUGO”.

Notifíqueselles esta resolución ás partes interesadas coa indicación de que esta pon fin á vía administrativa e que contra ela poden interpoñer os seguintes recursos:

Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo da xurisdición de Lugo, nun prazo de DOUS MESES, contados a partir do día seguinte ó da notificación do presente acto, o cal pon fin á vía administrativa (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo).

Malia o anterior, e con carácter previo á presente resolución poderá interpoñer:

O recurso potestativo de reposición previsto no artigo 116 da Lei 4/1999 de modificación da Lei 30/1992 ante a Alcaldía e no prazo de UN MES, contado dende o día seguinte da notificación do presente acto.

Sen prexuízo de que poida vostede interpoñer calquera outro recurso ou reclamación que estime conveniente ó seu dereito.

Así mesmo, déaselles traslado ás dependencias e ós servicios municipais afectados.

Cúmprase.”

O que se fai público para coñecemento das persoas representantes das asociacións anteriormente citadas, dándolle trámite de audiencia por un prazo de QUINCE DÍAS, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.
Lugo, 6 de setembro de 2011.
O ALCALDE
P.D. O TENENTE DE ALCALDE DELEGADO
DA ÁREA DE SERVIZOS XERAIS E MODERNIZACIÓN ADMINISTRATIVA
(Decreto Alcaldía 60/2011 do 23 de xuño)

Asdo.: Francisco José Fraga López.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova