Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza a Semana da Mobilidade con actividades para todas as idades


# Venres, 16/09/2011
O domingo 18 será o Día sen Coches e o xoves 22 será de balde o transporte público da cidade

Imaxe Asociada

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Grandío, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentaron a Semana da Mobilidade 2011 que comeza hoxe, organizada polo Concello, co obxectivo de concienciar ós cidadáns sobre a necesidade de empregar vehículos privados o menos posible e apostar por outro xeito de medios para desprazarse.

Este ano a Semana Europea da Mobilidade ten o lema “Desprázate de forma eficiente: ¡mellora a túa mobilidade!”, segundo informou Carmen Basadre, quen explicou que os actos organizados polo Concello “teñen como obxectivo aumentar a conciencia pública sobre a contaminación causados polo uso irracional de coches nas cidades, e para reafirmar ós peóns, ciclistas e o transporte público como alternativas posibles ás actuais pautas.”

Ambos concelleiros explicaron en detalle todas as actividades que terán lugar na próxima semana, así destacaron que:

O programa de actividades empeza o domingo, día 18, co Día sen coches, que suporá o peche do acceso ó recinto histórico a vehículos particulares, de xeito que o acceso restrinxirase a residentes e propietarios de prazas de garaxe situadas na zona. Tamén se desenvolverá nese xornada o Día da Bicicleta, que se fai en colaboración co Grupo Voz. A concentración ciclista está prevista para as 11:30 diante da Casa do Concello para dar comezo ás 12:00 horas, co seguinte percorrido: Praza Maior, Rúa da Raíña, Rúa San Marcos, Rúa Amor Meilán, Rúa Nova, Rúa Montevideo, Rúa Quiroga Ballesteros, Praza de Santo Domingo, Rúa Raíña, Praza Maior, Rúa Bispo Aguirre, tramo peatonal da Ronda da Muralla, Ronda da Muralla, Rúa Monforte, Rúa Río Sil, Avenida Infanta Elena e Centro Comercial As Termas.
O prazo para as inscricións está aberto ata o sábado e fanse no Centro Comercial As Termas.

O martes 20 e mércores 21, haberá un circuíto de bicis na Praza de Anxo Fernández Gómez que terá lugar de 17.00 a 19.30 horas, e no que poden participar nenos de 8 a 14 anos de idade. Carmen Basadre explicou que “esta actividade ten como obxectivo impulsar hábitos de Educación Vial a través do xogo, así como o coñecemento de normas e situacións na vida cotiá, todo isto nun ambiente lúdico e de respecto polas normas e os demais condutores.”

As actividades continúan na xornada do xoves 22, día no que todos os lucenses poderán usar de maneira gratuíta o transporte público de Lugo.

A fin de semana do 24 e 25 de setembro a Concellería de Xuventude organiza un curso de condución segura para motos dirixidas a persoas de entre 16 e 35 anos. Esta actividade está dividida en clases teóricas no Centro de Convivencia Maruja Mallo, entre as 10 e as 13:00 horas e pola tarde de 16:00 a 19:00 horas farase unha clase prácticas no circuíto cerrado da DGT no Carqueixo.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova