Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O responsable de Medio Ambiente da cidade brasileira de Garibaldi visita Lugo para coñecer as modernas plantas de tratamento e depuración de augas


# Venres, 16/09/2011
O Alcalde reuniuse co Secretario de Medio Ambiente dese Concello do Brasil que tamén tivo reunións con empresarios no CEI e visitou a ETAP e a EDAR de Lugo

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, recibiu esta mañá ó Secretario de Medio Ambiente do Concello brasileiro de Garibaldi, Balduino Puerari, que visita hoxe a nosa cidade para informarse sobre os novos sistemas de saneamento e tratamento de residuos de Lugo.

O responsable de Medio Ambiente desta cidade do Brasil, situada no Estado de Río Grande do Sul, viaxou a Lugo, onde se reuniu co Alcalde e con outros membros da Corporación antes de manter unha xuntanza con empresarios no Centro de Empresas e Innovación do Concello, e tamén efectuou unha visita ás estacións de tratamento de auga potable e de depuración de augas residuais.

A súa visita a Lugo débese a que o Secretario de Medio Ambiente de Garibaldi está a recabar información sobre novos sistemas de saneamento e tratamento de residuos, xa que, segundo dixo, a súa cidade “necesita executar obras de saneamento e de tratamento de residuos, así como de infraestruturas urbanas relacionadas coa drenaxe da auga, xa que na nosa cidade chove moito, e temos que executar obras de saneamento polo que estamos buscando coñecemento técnico sobre as novas tecnoloxías em sistemas de tratamento de auga eficientes”.

Na xuntanza, o Alcalde agradeceulle ó responsable de Medio Ambiente desta cidade brasileira que elixira Lugo para coñecer as novas infraestruturas de tratamento e depuración da auga e explicoulle os avances e os importantes investimentos que se levan feito na nosa cidade nesta materia. López Orozco tamén fixo fincapé na necesidade de apostar pola conservación do medio ambiente e sinalou que o Brasil é un país que está a experimentar un gran desenvolvemento e que ten unha grande importancia mendioambiental.

Ademais, na xuntanza falouse doutras cuestións como o labor que leva a cabo o Concello de Lugo para fomentar a creación de empresas a través do CEI-Nodus e tamén conversaron sobre os medios de financiamento que teñen os concellos de Brasil e España.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova