Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Entrega de diplomas aos asistentes a cursos de informática no Telecentro de Coeses


# Venres, 16/09/2011


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

Os Concelleiros de Servizos Xerais e Modernización Administrativa, Francisco Fraga, e de Zona Rural, Manuel Chaín, entregaranlle os diplomas ás persoas que asistiron aos cursos que se impartiron durante os meses de agosto e setembro en varios telecentros rurais.

O acto tivo lugar ás 20.00 horas no Telecentro Rural de Coeses, que está situado no Centro de Dinamización Social desta parroquia cunha asistencia duns cen alumnos. A estes cursos, que foron impartidos nos telecentros de Castelo, Coeses, Santiago de Sáa, San Xoán do Campo, Santa María de Bóveda, Rubiás, Meilán, Vilachá de Mera, Calde e San Pedro de Mera, asistiron veciños de varias parroquias da zona rural.

Os cursos están incluídos no Proxecto europeo PARNET-tic, que é un proxecto destinado ao fomento da sociedade da información nos territorios rurais, fomentando o acceso ás infraestruturas da comunicación e á sociedade da información. Este proxecto intégrase no programa de cooperación territorial “Espacio Sudoeste 2007-2013” da Unión Europea.

Coñeza a rede de telecentros rurais do Concello de Lugo

Coñeza o proxecto PARNET-tic




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova