Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Novo prazo para a matrícula de 10 prazas nas escolas infantís municipais para o curso 2011-2012


# Luns, 19/09/2011
Poderanse presentar as solicitudes entre o 20 e 30 de setembro no Concello

A Concellería de Educación informa que á vista das renuncias recibidas para cubrir prazas nas escolas infantís municipais, ábrese un novo prazo de solicitude para nenos e nenas nacidos no 2009 e no 2011. As vacantes son as seguintes:

• ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE SAN FIZ
1 praza vacante para nenos/as nacidos/as no 2009
1 prazas vacantes para nenos/as nacidos/as no 2011

• ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DA PIRINGALLA
1 praza vacante para nenos/as nacidos/as no 2009

• ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL SERRA DE OUTES
3 prazas vacante para nenos/as nacidos/as no 2009

• ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL GREGORIO SANZ
4 prazas vacantes para nenos/as nacidos/as no 2009

O prazo de solicitude queda establecido entre o día 20 e o 30 deste mes de setembro. A folla da solicitude está dispoñible na Concellería de Educación, nas escolas infantís, na oficina de atención ao cidadán e na páxina web do Concello.

A solicitude deberá ser presentada no Rexistro Xeral do Concello xunto coa documentación recollida na mesma.

Escolas Infantís Municipais

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova