Imprimir

NOVO PRAZO PARA A MATRÍCULA DE 10 PRAZAS NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS PARA O CURSO 2011-2012


19/9/2011 Poderanse presentar as solicitudes entre o 20 e 30 de setembro no Concello

A Concellería de Educación informa que á vista das renuncias recibidas para cubrir prazas nas escolas infantís municipais, ábrese un novo prazo de solicitude para nenos e nenas nacidos no 2009 e no 2011. As vacantes son as seguintes:

• ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE SAN FIZ
1 praza vacante para nenos/as nacidos/as no 2009
1 prazas vacantes para nenos/as nacidos/as no 2011

• ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DA PIRINGALLA
1 praza vacante para nenos/as nacidos/as no 2009

• ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL SERRA DE OUTES
3 prazas vacante para nenos/as nacidos/as no 2009

• ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL GREGORIO SANZ
4 prazas vacantes para nenos/as nacidos/as no 2009

O prazo de solicitude queda establecido entre o día 20 e o 30 deste mes de setembro. A folla da solicitude está dispoñible na Concellería de Educación, nas escolas infantís, na oficina de atención ao cidadán e na páxina web do Concello.

A solicitude deberá ser presentada no Rexistro Xeral do Concello xunto coa documentación recollida na mesma.

Escolas Infantís Municipais