Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Ábrese o prazo de matrícula para as 20 modalidades deportivas das Escolas Deportivas Municipais


# Luns, 19/09/2011


Dende a Área de Deportes anúnciase que dende hoxe, 19 de setembro e ata o día 30 de mesmo mes, comeza o período de matriculación das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Lugo, que corresponden á tempada 2011-2012. As escolas nas que se poden matricular son as de :

1. Baloncesto
2. Béisbol
3. Balonmán
4. Boxeo
5. Ciclismo
6. Hockei Liña e Patinaxe Feminino
7. Natación
8. Natación Sincronizada
9. Loita
10. Patinaxe
• Iniciación o Hockei Liña e Patinaxe Artística
11. Rugby
12. Taekwondo
13. Tenis
14. Tenis de Mesa
15. Tiro con Arco
16. Tríatlon
17. Xadrez
18. Ximnasia Mantemento
19. Ximnasia Rítmica
20. Ximnasia para Maiores

Haberá escolas de matrícula gratuíta e escolas que requirirán unha matrícula de 11,70 € a pagar en man no intre de facela nas Oficinas da Concellería de Deportes ( Piscina Municipal de Frigsa) en horario de 09:00 a 14:00 de luns a venres. As mensualidades dependen de cada unha das modalidades deportivas pero pódense atopar actividades entre a gratuidade como o Hockei Liña e Patinaxe Feminina aos 7,70€ da ximnasia para maiores ou os 35 € do Tiro con Arco.

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Grandío, destacou que “este ano contamos con novas instalacións para a práctica deportiva como o Módulo de Athletismo das Pedreiras e a Pista Cuberta de Tenis en Frigsa que supuxo un investimento de preto de 1.500.000 de euros ao Concello e que antes de finais de ano estarán rematadas para que todos os lucenses poidan desfrutalas.”

As diferentes modalidades estarán impartidas por clubes deportivos, ximnasios conveniados e instrutores deportivos nas especialidades deportivas que imparte o Concello nun total de 13 instalacións deportivas diferentes. O Concelleiro de Deportes quixo salientar que “este ano son 5 ximnasios conveniados os que se suman á oferta destas actividades, polo que pasamos de catro o ano pasado a 9 para o curso 2011-2012”.

Tamén comeza en Frigsa o período de matriculación dos Cursos de Natación e Deporte para Maiores xa que as inscricións remataron o pasado día 12.

Para esta edición 2011 – 2012 ofértanse un total de 20 modalidades deportivas nas que participarán un total de 6000 persoas de todas as idades a partir de 3 anos, se ben todas aquelas persoas que desexen practicar algún deporte que non estea incorporado as nosas escolas, pode poñerse en contacto coa Concellería de Deportes a través do email deportesarrobaconcellodelugo.org e facilitaráselles a posibilidade de practicar o seu deporte preferido.

deportes.lugo.es

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova