Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco pídelle a Núñez Feijóo que atenda as reivindicacións dos veciños do barrio da Residencia


# Luns, 19/09/2011
O Alcalde plantexoulle esta demanda ó Presidente da Xunta nunha visita ó terreo onde se empeza construír o Auditorio

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A construción do Auditorio de Lugo é froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Lugo e a Xunta de Galicia

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, reclamoulle hoxe ó Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que atenda as reivindicacións dos veciños do barrio da Residencia.

O Alcalde fixo esta petición no discurso que pronunciou con motivo da visita que efectuou hoxe o Presidente da Xunta ó solar no que se empeza construír o Auditorio e Centro Cultural de Lugo, acto no que tamén tomaron parte o Presidente da Deputación provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, Agustín Hernández, entre outras autoridades.

López Orozco expresou a súa ledicia polo comezo das obras do tan arelado Auditorio de Lugo, do que sinalou que servirá de elemento dinamizador para esa zona da cidade e lembrou as reclamacións dos veciños doutro lugar da cidade, o barrio da Residencia. O Alcalde manifestou que “cerca de aquí hai un barrio que naceu en torno ó vello Hospital no que os veciños están preocupados polo seu futuro” e pediulle a Feijóo que cumpra “a promesa que se lles fixo de facer alí un laboratorio e un punto de atención continuada”. “Gustaríame que levase hoxe na súa carteira esa petición, da que é coñecedora a Conselleira de Sanidade e que daría satisfacción ós veciños e todos os que os apoiamos nesta reivindicación”, dixo o Alcalde.

López Orozco tamén destacou que “hoxe é un día de felicidade para todos nós porque non lle afectou o recorte a esta infraestrutura tan necesaria e comeza a construción do Auditorio tan desexado que vai relanzar a actividade cultural que se fai en Lugo”.

Sobre os vello Hospital, o Presidente da Xunta dixo, no seu discurso, “espero que busquemos, entre todos, unha solución antes do que se tardou en construír o Auditorio, estou convencido de que pode ser así buscaremos entre todos unha solución e todos nos comprometeremos a facer o que a xente nos pide”.

Tocante ó Auditorio, o Presidente da Xunta recoñeceu que este é “o inicio dunhas obras longamente esperadas” e sinalou que, a pesares da crise” é razoable priorizar o investimento no Auditorio de Lugo”, a única cidade galega que non dispón desta infraestrutura cultural.

A construción do Auditorio é froito dun convenio de colaboración entre o Concello e a Xunta de Galicia. A obra ten un presuposto de 18.076.639 euros e a parcela na que se levantará o edificio ten 27.199 metros cadrados de superficie. O proxecto é obra do estudo de arquitectura madrileño Paredes Pedrosa.

O futuro Auditorio terá unha superficie construída de 15.575 metros cadrados e disporá de dúas salas, unha con capacidade para 900 butacas e outra para 300 butacas, ademais dun espazo para exposicións. O edificio vaise construír aproveitando a pendente dun solar situado na avenida de Magoi, desde a que disporá dun acceso, e outro será dende a rúa Madanelas, conectado cun gran xardín de 27.000 metros cadrados. O edificio terá sete niveis, a súa imaxe será de cristal de aceiro e disporá de preto de 160 prazas de aparcamento.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova