Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Ábrese o prazo para matricularse nas actividades socioculturais 2011 que oferta o Concello de Lugo


# Luns, 19/09/2011
A Concelleira de Servizos Sociais anunciou a creación dun proxecto de educación na rúa para a súa posta en marcha a comezos do 2012

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e a Concelleira de Servicios Sociais, Ana G. Abelleira, presentaron o programa de actividades socioculturais para o último trimestre do 2011 e anunciaron a posta en marcha dun proxecto de educar na rúa para o próximo ano.

Carmen Basadre explicou que “presentamos un programa variado no que teñan cabida todas e todos nos distintos obradoiros, cun cometido irrenunciable que é a dinamización, as relacións humanas, axudar á formación e ao coñecemento das linguas, promovendo o coñecemento das habilidades básicas necesarias para o desenvolvemento cotiá.”

A Concelleira explicou que “o prazo de inscrición ábrese dende hoxe ata o vindeiro 23 de setembro en horario de mañá, de 09:00 a 13:00 horas en calquera dos Centros de Convivencia do Concello e poderanse matricular as persoas empadroadas en Lugo independentemente da idade.”

O programa de actividades presenta este ano varias novidades, como os cursos de pintura en tea, deseños en gomaeva e feltro, fotografía dixital, iniciación á informática, xogos de maxia ou cursos de español para estranxeiros. As actividades agrúpanse en diferentes áreas que buscan desenvolver e aprender novas habilidades dos lucenses.

Os interesados dispoñen de 134 actividades divididas nas áreas de talleres e obradoiros, de expresión musical, actividades físicas, formación, contido social, saúde e expresión artística e creativa. Os máis cativos tamén poden escoller entre máis de 20 actividades distribuídas en diferentes áreas de actuación.

As prazas adxudicaranse por sorteo público que se celebra o día 29 deste mes en cada un dos centros de convivencia municipal co seguinte horario:

- Centro de convivencia Fingoi: ás 09:00 horas
- Centro de convivencia Maruja Mallo: ás 09:45 horas
- Centro de convivencia Sagrado Corazón: ás 10.30 horas
- Centro de convivencia Milagrosa: ás 11:15 horas
- Centro de convivencia María Balteira: ás 12.15 horas
- Centro de convivencia Lamas de Prado: ás 13:00 horas
- Centro de convivencia Uxío Novoneyra: ás 13.45 horas


Educadores na rúa 2011

Carmen Basadre e Ana G. Abelleira tamén presentaron un proxecto de monitor na rúa, que está en fase de finalización, e que se porá en marcha a comezos do ano 2012. Trátase dunha alternativa pioneira que comezará nos barrios de Lamas de Prado e no da Milagrosa con actividades e educadores na rúa para promover o traballo comunitario e a socialización.

Ana G. Abelleira explicou que a idea de monitor na rúa “trátase dun proxecto que xurdiu do Concello de Lugo para apostar polos valores da poboación. Desta maneira estase a facer un estudo das necesidades da poboación, concretamente nos barrios de Lamas de Prado e da Milagrosa”. Os destinatarios deste proxecto son toda a poboación pero especificamente as mulleres, adolescentes e as persoas maiores que conviven en ambos barrios. Os principais obxectivos será promover o traballo comunitario nas zonas de acción do proxecto e recuperar a rúa como espazo socializador.

O cambio débese a que, como explicou a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, “este ano imos facer un novo pliego de contratación que vai conter as actividades de animación sociocultural ademais das actividades de xuventude e do Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias. Contará tamén con actividades nos que as persoas interesadas en aprender a facer algunha das actividades poderán facelo en aulas abertas dispoñibles para utilizalas en grupo no momento no que o soliciten.”


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova