Imprimir

SONIA MÉNDEZ GALARDOADA COS PREMIOS DA ASOCIACIÓN PENITENCIARIA CONCEPCIÓN ARENAL


19/9/2011

A Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, foi galardoada hoxe coas Medallas Concepción Arenal que concede a asociación penitenciaria co mesmo nome, a todas as persoas ou entidades que colaboren coas mesmas.

Estes premios entregáronse no marco das XXV das Xornadas penitenciarias lucenses que levan como título “Tratamento en violencia de xénero. Escoitas en Centros penitenciarios. Penas e medidas alternativas”.

O Concello colabora coa Asociación penitenciaria Concepción Arenal na organización destas Xornadas que se desenvolven os días 19 e 20 de setembro. As sesións terán lugar no Salón de de actos da Fundación NovaCaixaGalicia.