Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

González Dopeso deu a coñecer as alegacións presentadas polo Concello sobre a nova Lei de Augas de Galicia


# Martes, 20/09/2011
O Concello de Lugo aforrará cada ano 500.000 euros grazas á nova Depuradora

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, deu a coñecer as alegacións que o Concello de Lugo presentou sobre á nova Lei de Augas de Galicia aprobada pola Xunta.

Así, explicou que Augas de Galicia enviou ao Concello catro regulamentos para o seu estudo e a conseguinte presentación de alegacións,”a maioría son moi técnicas pero a de máis calado é sobre o canon de saneamento que vai aplicar a Xunta” segundo o concelleiro.

Un dos puntos máis salientable é o que obriga aos concellos a adiantar a cuantía daqueles veciños que non paguen as taxas co agravante de que as entidades locais non poden reclamar a súa devolución porque non é un tributo de carácter municipal senón autonómico.

Lino González explicou que “tamén se lles impón de maneira unilateral a xestión administrativa e financeira da recadación do imposto que, repito unha vez máis, é autonómico, polo que nos obrigan a un sobreesforzo económico e administrativo.” O Concelleiro de Medio Ambiente lembrou que “esta taxa está prevista que suba ata un 140% aos usuarios normais e ata un 300% aos usuarios industrias, polo tanto, o Partido Popular contradíse entre o que di e que o fai.”

Depuradora de auga

Por outra banda, Lino González Dopeso, considera “unha inxustiza que a Xunta non lles cobre as taxas de saneamento a 23 concellos do total de 315 que ten Galicia e que lla teñamos que pagar co imposto de todos os galegos, incluso aquelas entidades locais que non teñen un mínimo de saneamento porque non se poden facer cargo do seu custe.”


Aforro coa nova Depuradora

O Concello de Lugo aforrará cada ano 500.000 euros grazas á nova Depuradora. A súa posta en servizo fai que Lugo rebaixe de 800.000 a 300.000 euros a cifra que ten que pagarlle cada ano á Confederación Hidrográfica do Miño Sil pola calidade da auga que devolve ó río.

Lugo é o primeiro Concello que mellorou a calidade das augas que van o Miño grazas a axilidade do procedemento seguido para a construción da EDAR, algo que non sería posible se se tivera delegado esa responsabilidade na Xunta de Galicia, como propón agora Jaime Castiñeira. De feito, Lino González explicou que “o Concello de Lugo asumiu a responsabilidade da depuradora porque é a nosa obriga e porque comprobamos ao longo do tempo que a Xunta non é áxil na posta en marcha de nada” e puxo como exemplo “¿que tempo levamos esperando polo Museo da Romanización ou polo Auditorio? Creo que se deixásemos depuradora nas súas mans aínda seguiriamos coa vella.”


A proposta de Jaime Castiñeira de que sexa a Xunta quen xestione a EDAR de Lugo non só é extemporánea senón que se fundamenta en argumentos falsos de eficacia e aforro.

A falacia dos argumentos de Castiñeira demóstrase co sucedido cunha depuradora semellante á de Lugo que xestiona a Xunta. A depuradora de Guillarei, que dá servizo a Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui, é máis cara, presta servizo a menos persoas e tardou máis en entrar en servizo

A depuradora de Guillarei comezou a xestarse no ano 1994, estivo tres anos parada, e finalmente hai dous anos foi adxudicado o contrato a Aqualia G.I.A. S.A. por un importe de 3.067.253,61 euros sen contar o IVE.

Ese custe supera ó da EDAR de Lugo que dá servizo a 97.000 habitantes, máis do dobre dos 49.000 de habitantes ós que serve a Depuradora de Guillarei.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova