Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha campaña para fomentar a reciclaxe do vidro en Lugo comezou hoxe na praza de Augas Férreas


# Mércores, 21/09/2011
O Concelleiro de Medio Ambiente sinalou, na presentación da campaña, que o ano pasado o Concello aforrou 50.000 euros grazas á reciclaxe de vidro

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
No que vai de ano os lucenses reciclamos máis de 556 toneladas de vidro

O Concello de Lugo participa nunha campaña de concienciación cidadá para fomentar a reciclaxe de vidro en Lugo, que se desenvolve durante tres días na praza de Augas Férreas organizada en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e Ecovidrio, asociación sen ánimo de lucro encargada da xestión da reciclaxe dos residuos dos envases de vidro depositados nos colectores.

O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, participou hoxe na presentación desta campaña xunto coa Delegada Territorial da Xunta, Raquel Arias, e o representante de Ecovidro, José Luis Magro.

Na súa intervención, González Dopeso animou ós lucenses a implicarse na recollida selectiva do lixo e, concretamente do vidro, xa que, segundo salientou a reciclaxe, “non só contribúe a conservar o medio ambiente, senón que tamén produce beneficios económicos”. Neste sentido, o Concelleiro de Medio Ambiente explicou que “grazas ó esforzo dos lucenses que separan o vidro e o depositan nos colectores adicados a este residuo, o Concello aforra arredor de 50.000 euros ó ano, cantidade que teríamos que pagarlle a Sogama se o vidro fora mesturado co resto do lixo”.

O ano pasado os veciños de Lugo reciclaron un total de 878 toneladas de residuos de envases de vidro, o que supón que cada lucense depositou unha media de 9 kilos. Este ano, entre xaneiro e agosto o total de vidro reciclado foi de 556,140 toneladas, das que 517 foron depositadas en colectores e 39,140 recollidas porta a porta.

A campaña de sensibilización cidadá, que comezou hoxe, prolongarase ata o día 23 e chegou a Lugo dentro dun percorrido que está a levar a cabo por distintas cidades galegas dende o 16 de setembro ata mediados de outubro

Con este motivo instalouse unha carpa informativa na praza de Augas Férreas, na que se explican ós veciños as vantaxes de reciclar o vidro e tamén se resolve calquera dúbida que queiran plantexar as persoas que se acheguen á carpa. Tamén foron instalados varios xogos relacionados coa reciclaxe de vidro para atraer a atención da poboación infantil. Os educadores medioambientais que realizan a campaña repartirán folletos informativos, xogos de lápices de cores e bolsas reutilizables ideadas para transportar os envases de vidro ó colector.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova