Imprimir

A CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN APOIA Á FUNDACIÓN SECRETARIADO XITANO NA ORGANIZACIÓN DE UN CURSO DE FORMACIÓN


21/9/2011

O Concello de Lugo colabora coa Fundación Secretariado Xitano coa cesión dun aula do Espazo Lab para impartir un curso de formación, segundo informaron hoxe a Concelleira de Educación, Esther Muñoz, e o Coordinador provincial da devandita Fundación, Manuel Requeijo.

Muñoz indicou que con esta colaboración “o Concello trata de servir de apoio para a reinserción deste colectivo no mercado de traballo e para darlles unha oportunidade de que se poidan inserir na vida laboral e social”.

Manuel Requeijo explicou que o curso forma parte do programa de emprego Acceder da Fundación Secretariado Xitano e tratará sobre Operacións básicas de mantemento de parques e xardíns porque “vimos un nicho de mercado no sector agroforestal”.

O curso terá unha duración de 50 horas lectivas. As clases comezaron hoxe no CEI-Nodus e prolongarase ata o día 4 de outubro, coa participación de 15 alumnos, 12 homes e 3 mulleres en idade laboral.