Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Os clubes deportivos da cidade anunciarán o San Froilán e terán un stand promocional durante as festas deste ano


# Mércores, 21/09/2011
O tenente alcalde, Antón Bao, asinou esta mañá un convenio de colaboración cos presidentes do Lugo, o Breogán, o Azkar, o Ensino e o Emevé

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Os cinco clubes levarán material publicitario do San Froilán nos seus desprazamentos e ofrecerán entradas para que distintos colectivos sociais e culturais de Lugo poidan presenciar algúns dos seus encontros na casa

Cinco dos clubes deportivos máis representativos da cidade (Clube Deportivo Lugo, Azkar Fútbol Sala, Clube Baloncesto Breogán, Ensino e Clube Voleibol Emevé) anunciarán as festas do San Froilán e montarán un stand promocional no fondo da Praza Maior durante as festas deste ano, segundo o convenio asinado esta mañá polo tenente alcalde e responsable das áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello, Antón Bao, cos presidentes dos clubes.

Acompañado polo presidente do Lugo, José Bouso; do Azkar, Manuel Vázquez Corredoira; do Breogán, José Antonio Caneda; do Ensino, María Teresa Latas; e do Emevé, José F. Bouza, Antón Bao explicou que se trata de “lograr que o San Froilán sexa unha festa na que participe todo o movemento asociativo existente na cidade, entre eles tamén os clubes deportivos como unha parte importante desta cidade”, dixo.

A idea, que xurdiu do CD Lugo e á que se sumaron o resto de clubes, fará que os principais equipos de Lugo anunciarán o San Froilán nos seus desprazamentos polo resto do Estado. “Servirán así de embaixadores da nosa cidade e das súas festas”, afirmou Antón Bao, que explicou que a cambio estas entidades disporán dun stand promocional no fondo da Praza Maior durante as festas para achegar o deporte aos cidadáns.

O convenio asinado esta mañá inclúe ademais a cesión ao Concello por parte destes clubes dun paquete de entradas para que distintos colectivos e asociacións sociais e culturais de Lugo poidan presenciar varios dos partidos que estes equipos xoguen na casa esta tempada.

Unha colaboración que se podería extender á promoción turística

Tanto o tenente alcalde como os presidentes dos distintos clubes mostraron a súa disposición a que este acordo continúe pasadas as festas co obxectivo de promocionar a cidade no resto do Estado dende un punto de vista turístico e cultural.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova