Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Éxito de público nos actos cidadáns celebrados na Praza de San Marcos incluídos no VI Congreso Mundial do Xamón


# Mércores, 21/09/2011
Besteiro salienta que, aínda que se están pechando importantes actuacións neste espazo público, “non atopamos unha data mellor para convocar ós cidadáns a desfrutar da Praza”

Orozco subliñou que con estes actos queda demostrado que “gañamos un espazo para a convivencia grazas á colaboración das administracións implicadas no Plan Urban e grazas ós veciños, comerciantes e hostaleiros que tiveron un comportamento exemplar”

O show cooking, a demostración de oficios artesanais e a degustación de xamón das 14 denominación de orixe de España centraron a multiactividade desenvolvida na Praza dende primeira hora da tarde


O Alcalde de Lugo, José López Orozco; o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, acompañados por ducias de veciños e asistentes ó VI Congreso Mundial do Xamón procedentes de todo o mundo, participaron este mércores nos actos celebrados na Praza de San Marcos con motivo da celebración de dito evento gastronómico que acolle a capital dende hoxe e ata este venres.

O Alcalde, que lembrou que só Lugo e Venecia conta cunha Praza de San Marcos, salientou que cos actos desenvoltos na Praza queda demostrado que “gañamos un espazo para a convivencia grazas á colaboración das administracións implicadas no Plan Urban, ós veciños, comerciantes e hostaleiros que tiveron un comportamento exemplar para facer posible que o proxecto saíra adiante”.

Pola súa parte, o Presidente da Deputación salientou que “dende hai varios meses, esta Praza xa é o salón de estar de moitos lucenses, por iso este acto non é ningunha inauguración. Aínda estamos pechando importantes actuación para que quede máis bonita. Pero nun día tan especial coma hoxe, no que Lugo acolle o sexto Congreso Mundial do Xamón, non atopamos unha data mellor para convocar ós cidadáns a desfrutar da Praza de San Marcos”.

Así mesmo, o titular provincial fixo fincapé no cambio que experimento este espazo rehabilitado co Plan Urban. “Se hai catro anos nos din que aquela rúa de paso, escura, onde un camiñaba rápido porque había correntes de aire, hoxe ía a ser un espazo aberto, moi luminoso, tan concorrido como era xa a finais da década dos 50 ou ía ser a primeira praza wifi da cidade, con eventos como o Congreso Mundial do Xamón, con expertos cociñeiros facendo exhibicións en vivo, demostracións de oficios artesanais ou cuns xardíns abertos á cidadanía coma nunca estiveron. De verdade que a algún lle costaría crelo, menos a Orozco que foi o impulsor desta iniciativa”.


Froito dos fondos europeos

A mellora da Praza de San Marcos é unha das actuacións que acometeron Deputación e Concello de Lugo dentro do Plan Urban, o proxecto no que, conxuntamente, ambas as dúas administracións lograr acondicionar na capital un total de 8.000 metros cadrados, que hoxe xa están ó servizo dos cidadáns. Para elo, investiron un total de 1,2 millóns de euros, procedentes dos fondos da Unión Europea que souberon captar na anterior convocatoria do Ministerio de Política Territorial do Goberno Central.

Este orzamento permitiu que a Praza de 2.967 metros cadrados sexa dende hai meses peonil da que non só se benefician os cidadáns senón tamén os hostaleiros e comerciantes da zona. Ademais, este presuposto fixo posible a apertura, por 1º vez na súa historia, dos xardíns do Pazo Provincial. Os veciños teñen agora a súa disposición esta nova zona de estancia que dá continuidade ó Paseo Interior da Muralla, logo da recuperación e adecuación dos calexóns que conectan dende a rúa do Teatro ata a Praza de Ferrol. Tamén contan cun paseo pavimentado en pedra de máis de 100 metros que permite que a parte posterior do Pazo tamén sexa transitable, así como zonas verdes e mobiliario urbano que humanizan o espazo, facendo máis agradable a estancia dos usuarios. Tanto os xardíns como a Praza contan a maiores, co sinal wifi gratuíta gracias o Innova-TE, o programa tecnolóxico da Deputación.

Con estas obras, Deputación e Concello lograron humanizar Lugo, ofrecendo novos espazos públicos ós veciños dos que gozar. Exemplo disto, hoxe mesmo, a Praza de San Marcos e os xardíns foron escenario do show cooking. Foi un espectáculo que incluíu demostracións en vivo sobre a elaboración de pratos a base de carne de porco celta, ademais de degustacións de xamón e outros produtos. Ademais, a Praza de San Marcos tamén acolleu a presentación da Guía Secreta de Gastronómica de Galicia: Lugo, acto no que participou o Presidente provincial.

Multiactividade na Deputación

As actividades do Congreso Mundial do Xamón arrincaron ás 9:00 horas da maña cunha das rutas especiais de Km0 que deseñou o organismo provincial para os poñentes do evento e acompañantes dos mesmos, co obxectivo de potenciar ó exterior a riqueza da provincia. A ruta deste mércores foi na Mariña, onde medio cento de persoas visitaron a catedral de Mondoñedo, coñeceron o traballo dun zoqueiro, así como as instalacións da fábrica de Sargadelos, a praia das Catedrais e o centro de Ribadeo, ademais de facer unha travesía en barco pola ría ribadense. Mañá, outras 55 persoas redescubrirán a Montaña lucense, acudindo ó Piornedo, á ponte e ó castelo de Altamira, en Navia de Suarna, onde tamén coñecerán a riqueza dos produtos da zona. De camiño, visitarán o Mosteiro de Samos, o Camiño Francés ou a igrexa Santa María A Real. Para rematar o venres, último día do Congreso, viaxarán á Ribeira Sacra, onde coñecerán o Mosteiro San Vicente do Pino, o Mirador do Duque e as adegas de viño na zona de Sober.

Xa pola tarde, logo dos actos celebrados nas inmediacións do Pazo Provincial, Gómez Besteiro protagonizou dúas recepcións na Sala de Xuntas e Exposicións. O Presidente fixo de anfitrión da provincia, dando conta da súa riqueza a un grupo de compras e outros de congresistas que participan no Congreso. Os participantes foron agasallados cunha réplica dunha zanfona medieval, elaborada no Centro de Artesanía e Deseño da Deputación.

Todo o evento están sendo cuberto por técnicos da Fundación TIC e bolseiros da Escola de Imaxe e Son, ambos dous organismo dependentes da institución provincial, quenes elaborarán un amplo traballo audiovisual que será difundido por España co obxectivo de promocionar Lugo no exterior.

www.lugo.es/urban

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova