Cargando....
Concello de Lugo
27/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A nova sede do Instituto Social da Marina de Lugo estará acabada no mes de novembro


# Xoves, 22/09/2011
O Alcalde e o Delegado do Goberno efectuaron unha visita ás obras do edificio no que inviste máis de 4 millóns de euros o Ministerio de Traballo

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, acompañou hoxe ó Delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo, nunha visita que realizou ás obras da nova sede da Dirección Provincial do Instituto Social da Marina en Lugo. A execución deste proxecto é un investimento que promove e financia o Ministerio de Traballo e Inmigración. No percorrido polas obras tamén participaron o Subdelegado do Goberno na provincia, José Vázquez Portomeñe, e o Director provincial do ISM, Miguel Moreno. Técnicos da empresa adxudicataria das obras explicaron ás autoridades as principais características do proxecto.

O Alcalde manifestou o seu agrado por unha obra “que serve, unha vez máis, para recordar que Lugo é unha provincia que ten mar” e sinalou que con esta nova sede “modernízase o Instituto Social da María que poderá dar un mellor servizo ós seus traballadores e, sobre todo, ós usuarios”.

Pola súa parte, o Delegado do Goberno anunciou que os traballos, que comezaron no mes de xaneiro, estarán rematados a comezos de novembro próximo. Miguel Cortizo tamén fixo fincapé no investimento que se adica a este proxecto, que supera os 4 millóns de euros e dixo que “se vén sumar a todos os investimentos que leva feito a Administración do Estado en Galicia”.

Trámites administrativos

A compra do inmoble que será a nova sede do ISM en Lugo formalizouse en decembro de 2006. Trátase de tres locais (planta semisótano, baixa e primeira) cunha superficie construída de 1.474,50 metros cadrados.

O contrato para a redacción do proxecto e a dirección das obras adxudicouse en 2008, a Ruiz/Pol Unión Temporal de Empresas. Posteriormente, a execución das obras adxudicouse a finais de novembro de 2010 á empresa Construcciones Fontenla S.A, por un importe de 666.922 euros.

Evolución dos traballos

O Delegado do Goberno sinalou que as obras estarán rematadas a principios do mes de novembro e os servizos do ISM estarán en funcionamento na nova sede a finais de ano.

As dependencias quedarán distribuídas do seguinte xeito:

O acceso principal á Dirección Provincial do ISM realizarase dende a praza a través dun cortavento composto por portas de apertura automática. Unha vez dentro, sitúanse o control de acceso e seguridade, e, próximo á entrada, ubícase o rexistro. Nesta planta localízanse as áreas administrativas que prestan servizo de atención ó público: Secretaría, Seguridade Social, Administración e Xestión e Desemprego.

Na primeira planta, sitúanse a Área de Dirección Provincial, a Aula de Formación e a Sala de Informática. E na planta soto sitúanse o aparcamento e o arquivo xeral, e terá unha rampa de acceso de vehículos desde a rúa.

Todos os niveis do local están comunicados entre si mediante escaleiras interiores ou ascensor e son accesibles para persoas con discapacidade. Así mesmo, o inmoble dispón de aseos adaptados.


Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova