Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco presentou un libro sobre as actuacións da Confederación Hidrográfica nas marxes do río Miño


# Xoves, 22/09/2011


Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado polo presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Francisco Fernández Liñarez, e a Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, presentaron o libro “Acondicionamento de la margen derecha del río Miño, en Lugo. Pasarela de San Lázaro”.

López Orozco felicitou “á Confederación Hidrográfica, aos autores do libro e aos técnicos que traballaron neste magnífico proxecto xa que poucas obras se poden rentabilizar socialmente como a pasarela de San Lázaro.”

Este volume, de máis de 50 páxinas, detalla o proceso de acondicionamento da marxe dereita do río Miño, centrándose na construción da pasarela peatonal colgante. A pesares da sencillez do deseño, a súa construción supuxo un detallado traballo de cálculo que se pode coñecer nas páxinas deste libro. O deseño da pasarela realizouse co obxectivo de reducir o impacto ambiental e visual, integrándoa no paisaxe cunha estrutura moderna e elegante.

O Alcalde de Lugo, falou da necesidade desta ponte para os veciños de Lugo e as ganas que había dela xa que “calquera día que pasas por alí sempre hai xente paseando e para aproveitarse das ribeiras do Miño e da propia pasarela.”

No libro tamén se explican as actuacións que permitiron crear unha rede de sendeiros de 16 quilómetros ao longo dos ríos Miño e Fervedoira. Estas actuacións supuxeron un inversión de 4.902.715 euros e foron financiadas pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, con fondos FEDER da Unión Europea, o Concello de Lugo e a Xunta de Galicia.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova