Imprimir

HOXE EFECTUOUSE A PRIMEIRA REUNIÓN DA XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE DE CARA O AS FESTAS DO SAN FROILÁN


22/9/2011 A reunión estivo presidida polo Alcalde, José López Orozco, e o Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe

Esta mañá tivo lugar a primeira reunión de Xunta Local de Seguridade para comezar a deseñar os preparativos de cara as festas do San Froilán. O acto estivo presidido polo Alcalde, José López Orozco e o Subdelegado de Gobernerno, José Vázquez Portomeñe, ademais de contar co Concelleiro de Cultura, Antón Bao e diversos membros dos corpos de seguridade que participan no mesmo.

López Orozco explicou que “se van reforzar as medidas de seguridade e os corpos de seguridade do Estado e da Policia Local van estar ao servizo dos cidadáns” e lembrou que “hai unha experiencia do San Froilan que demostra que son unha festas tranquilas, onde desfruta a xente e agardamos que este ano sexan un éxito xa que temos un bo programa.” Ademais salientou que se vai publicar un bando, como en anos anteriores, nos que se lembraran as normas básicas de convivencia e de venta ambulante.

Pola súa parte, José Vázquez Portomeñe, indicou que “o San Froilán son unhas festas tranquilas para convivir e tradicionalmente teñen un compoñente familiar que lle garante unha seguridade.Na reunión de hoxe xa quedaron establecidos todos os operativos co cal debemos participar todos tranquilos nas festas.”