Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Esther Muñóz anuncia as actividades para o Día Europeo das Linguas que se celebra o domingo


# Venres, 23/09/2011


Imaxe Asociada

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, anunciou as actividades que se van a levar a cabo este domingo día 25 de setembro co motivo do Día Europeo das Linguas e que se organizan a través do centro de información europeo Europa Direct.

As actividades, que se levarán a cabo na Praza Maior, realizaranse en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. O público ao que se dirixen é a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos que, a través de diferentes talleres, achegaranse a outras linguas de Unión Europea.

Interrail: un viaxe a través das linguas de Europa, así é como se chama este taller que consiste nun viaxe ficticio que comeza na estación de Lugo e que recorrerá diferentes países europeos. A primeira estación da visita será Station París-Bercy en Francia, na que se realizará un taller de camisetas, a lingua que se empregará será o francés. A Statios London-Paddington en Inglaterra será a seguinte parada que terá como lingua o inglés e na que se realizarán talleres de chapas. O terceiro país que se visita é Italia e a parada e a Stazione Roma-Termini, onde os nenos e nenas aprenderán palabras en italiano e a recoñer alimentos típicos dese país. Finalmente, os participantes visitarán a Estação Lisboa-Rossío, no que levarán a cabo un taller de actividades físicas e coñecerán un pouco máis a lingua portuguesa. O viaxe lingüístico remata na estación de Lugo, lugar onde lembrarán todo o aprendido neste recorrido europeo.

Esther Muñóz destacou que “con esta actividades agardamos fomentar a aprendizaxe e a importancia de coñecer outras linguas de cara a unha mellor formación dos nosos cidadáns, porque a lingua non só é cousa de nenos e nenas.”

www.lugo.es/europedirect

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova