Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 11.300 persoas usaron o transporte público de balde co motivo da Semana da Mobilidade


# Venres, 23/09/2011


Segundo a información facilitada por Autobuses Urbanos de Lugo, un total de 11.370 viaxeiros empregaron o transporte público urbano para os seus desprazamentos pola cidade este xoves día 22, unha xornada na que foi de balde o uso dos buses urbanos con motivo da celebración da Semana da Mobilidade 2011.

Na comparativa co ano 2010, pódese destacar que aumentaron en case 1000 persoas as que se desprazaron no mesmo día xa que daquela contabilizábanse 10.381 viaxeiros. Este ano houbo numerosas liñas que rexistraron 800 viaxeiros ao longo do día o que indica a aceptación deste medio de transporte.

Este ano a Semana Europea da Mobilidade ten o lema “Desprázate de forma eficiente: ¡mellora a túa mobilidade!”, polo que o Concello organizou unha serie de actividades que teñen como obxectivo aumentar a conciencia pública sobre a contaminación causados polo uso irracional de coches nas cidades, e para reafirmar ós peóns, ciclistas e o transporte público como alternativas posibles ás actuais pautas.

A Semana da Mobilidade remata este fin de semana con varias actividades organizadas pola Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude. Os días 24 e 25 de setembro organízase un curso de condución segura para motos dirixidas a persoas de entre 16 e 35 anos. Esta actividade está dividida en clases teóricas no Centro de Convivencia Maruja Mallo, entre as 10 e as 13:00 horas e pola tarde de 16:00 a 19:00 horas farase unha clase prácticas no circuíto cerrado da DGT no Carqueixo.

www.lugo.es/ws/transportes

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova