Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Francisco Fraga presentou a XIX edición da Feira do Mel de Lugo que se celebra este domingo


# Venres, 23/09/2011
Os prezos do mel manteranse igual que na anterior edición, cun prezo mínimo para un frasco dun kilo de 6,50 euros e 4 euros para o frasco de medio kilo

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, xunto co Presidente da Asociación Provincial Lucense de Apicultura, Antonio Mon López presentaron hoxe a XIX edición da Feira do Mel de Lugo, que se levará a cabo este vindeiro domingo día 25 de setembro na Praza da Soidade.

A apertura da Feira está prevista para as dez da maña, e contará cos mesmos expositores que na edición anterior, un total de vintedous aínda que o número de solicitantes foi superior a outros anos. Por este motivo, Francisco Fraga, ofreceulles á Asociación que estudasen a posibilidade de que na próxima edición poidan usar instalacións da Praza de Abastos para dar acollida a todos os solicitantes.

O pasado ano puxéronse a venda un total de 3.000 kilos de mel dos que se vendeu un volume de 2.600 kg, polo que se agarda que este ano se acade un nivel maior. Os prezos do mel manteranse con respecto o pasado ano, cun prezo mínimo para un frasco dun kilo de 6,50 euros, e de 4 euros para o frasco de medio kilo.

O Concelleiro de Servizos Xerais explicou que “moitos destes produtores forman parte do Consello Regulador de Indicación Xeográfica Protexida co que se garante a calidade da mel e unha garantía importante dende o punto de vista hixiénico e sanitario para que a tranquilidade do consumidor.”


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova