Cargando....
Concello de Lugo
27/06/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de medio cento de grupos, asociacións e artistas de Lugo actuarán este ano no San Froilán


# Venres, 23/09/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O tenente alcalde, Antón Bao, dixo que “este será o San Froilán dos lucenses” e servirá “de escaparate de todo canto se fai en Lugo no ámbito da cultura, a música e o teatro”

Bao explicou que “simbolicamente as festas deste ano ábrense coa presentación en Lugo dun grupo de Lugo, Di Elas, a formación liderada por Luís Tosar e Piti Sanz”.

O tenente alcalde e responsable das áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao, presentou hoxe o que definiu como “a páxina máis importante do programa das festas do San Froilán deste ano”. Bao deu a coñecer, en rolda de prensa, os grupos locais que participarán na edición deste ano e afirmou que “este vai ser o San Froilán dos lucenses”. En total, serán máis de medio cento de grupos, asociacións e artistas de Lugo os que actuarán no San Froilán, segundo explicou o tenente alcalde.

Bao agradeceu a “magnífica disposición” de todos os grupos, entidades e colectivos de Lugo para participar neste San Froilán e deixou claro que un dos obxectivos que se marcou na organización das festas deste ano era precisamente ese: “que o San Froilán fora o gran escaparate de todo canto se fai en Lugo no ámbito da cultura, a música e o teatro”.

O tenente alcalde exemplificou ese apoio aos grupos de Lugo no feito de que Di Elas abra as festas: “Imos abrir o San Froilán o día 4 presentando en Lugo a un grupo de Lugo a formación musical de Luís Tosar e Piti Sanz, que se estrean en Lugo co seu primeiro disco”. Tocarán tamén nos escenarios do San Froilán deste ano a cantante do Incio Lucía Pérez e o grupos locais Arrythmia, Holywater, Xenro, Milesios, The TheeGliceridos, Psicolepsia, Mythical Fail, Aro, David Taboada e Asociados, Proxecto Danza ou Os Pinchacarneiros folk.

Outras 16 formacións locais participarán no día a día da festa na animación polas rúas, 6 DJ’s no programa SanFroiDance, e haberá tamén magos de Lugo, grupos de teatro e demostracións dos conservatorios de música e das escolas de danza.

As festas máis participativas

Antón Bao destacou tamén o feito de que “foron moitos os lugueses e luguesas que participaron na elaboración do programa das festas deste ano” logo de que a área de Cultura abrira no verán un prazo para recibir suxestións para a elaboración do cartel do San Froilán deste 2011. O tenente alcalde agradeceu as achegas dos cidadáns e dixo que “estas van ser as festas máis participativas de cantas se levan feito”. En relación aos grupos de Lugo dixo que “non están todos os que son porque non había sitio para máis, pero os que non están no deste ano estarán no cartel do ano que vén”.

ARTISTAS DE LUGO NO SAN FROILÁN 2011


Concertos:
1.      Di Elas. (día 4 horta seminario)
2.      Lucía Pérez ( día 11 praza horta do seminario)
3.      Os Pinchacarneiros – folk (día 5 praza de santa maría)
4.      David Taboada e Asociados (día 7 praza de santa maría)
5.      Arrythmia (día 11 ás praza de santa maría)
6.      Proxecto Danza (día 12 praza de santa maría)
7.      Holywater (día 4 horta do seminario)
8.      Xenro – rock (día 5 horta do seminario)
9.      Milesios – folk (día 7 praza horta do seminario)
10.  ThreeGliceridos (día 8 praza horta do seminario)
11.  Sally the Aracnofobic (día 9 praza horta do seminario)
12.  Psicolepsia (día 11 praza horta do seminario)
13.  Mythical Fail (Previa San Froilán)
14. Aro (Previa San Froilán)

Maxía:
15.  Mago Rafa (día 9 praza campo castelo)
16.  Mago Antón (tramo peonil da Ronda da Muralla)

Sanfroidance 2011
17.  KARMASOUND vs ALEX NITE (Freestyle - Lugo) (día 8 praza do campo castelo)
18.  K.A.O.S (Rap - Lugo) (día 8 praza do campo castelo)
19.  MR. FISHMAN A.K.A DR. THINK (Freestyle - Lugo) (día 8 praza do campo castelo)
20.  MUNNÍACOS TOUR (Alumnos de la escuela de Artes Aplicadas Ramón Falcón - Lugo)
21.  CATS & MONKEYS (Funk - Lugo) (día 10 praza horta do seminario)
22.  FUNKOMBO (Freestyle - Lugo/Madrid) (día 10 praza horta do seminario)

Animación de Rúa
23.  Madia Leva (día 11 recinto histórico 19:30 h.)
24.  Os Amigos de Manolo (día 10 recinto histórico 19:30 h.)
25.  Bloquinho de Xermolos (día 12 recinto histórico 13:30 h. e as 19:30 h.)
26.  Horten Orquestra (día 12 rúa Raiña 11 h.)
27.  A Volta do Agro (día 5 barrio da fonte e recinto histórico 19:00 h.)
28.  Caivanca (día 6 barrio da ponte e recito histórico 17:00 h.)
29.  Os trastiños de Castelo (día 5 barrio da cheda e recinto histórico 12:00 h.)
30.  Arrincadeira (día 8 san Antonio, casas baratas e recinto histórico 19:00 h.)
31.  Cuarteto Tradicional Illa Pancha – Ribadeo (día 10 barrio feixoo e recinto histórico 12:00 h.)
32.  Os Frebudos (día 10 fontiñas e recinto histórico 19:00 h.)
33.  Andaina (día 12 sagrado corazón e recinto histórico 12:00 h.)
34.  Gaita Escola de Lourenzá
35.  Terra Brava - O Incio (día 7 castiñeiriño e centro histórico 12:00 h.)
36.  Cantigas e Frores (día 4 barrio da estación e recinto histórico 12:00 h. / día 8 praza de santa maría 18:30 h.)
37.  Peleiriños (día 4 barrio de san roque e recinto histórico 19:00 h)

Teatro
38.  Nova Escena (día 4 porta da estación 20:30 h.)
39.  Parápono (día 5 porta bispo aguirre 17:30 h.)
40.  Pinchacarneiro (día 6 porta falsa 17:30 h.)
41.  Alberte Cabarcos (día 7 porta de san fernando 17:30 h.)
42.  Nostruncai + (día 8 porta do hospital 17:30 h.)
43.  In Bocca Al Lupo (día 8 porta do hospital 17:30 h.)
44.  Hipócrita (día 9 porta miñá 17:30 h.)
45.  Casamanita (día 10 porta nova 17:30 h.)
46.  Palimoco (día 11 porta campo castelo 17:30 h.) (día 12 xardíns deputación 12:30 h e as 18:00 h.)
47.  Achádego (día 7 patio do seminario 19:00 h./ día 11 patio do seminario 19:00 h.)(día 12 porta santiago 17:30 h.)
48.  Hospital Xeral (día 12 porta san pedro 20:30 h.)

Actividades lúdicas
49.  Xotramu (día 6 patio do seminario 19:00 h. /día 10 patio do seminario 19:00 h.)
50. Teatro do Miolo (día 7 xardíns da deputación 18:00 h.)
51. A volta de San Froilán (día 4 desde o Regueiro dos Hortos ata a Praza Maior)


Centros de Ensino
52.  CENTRO AUTORIZADO DE MUSICA PROFESIONAL FINGOI. Banda de Gaitas de Fingoi. (día 6 rúa da raiña 11:00 h.) / Grupo de jazz Os dez raios (día 7 rúa san marcos 17:30 h.)
53.  CEM DE GALÉN (día 10 rúa san marcos 17:30 h. / día 11 rúa da raiña 11 h.)
54.  Fábrica de sons (día 12 rúa san marcos 17:30 h.)
55.  Tradescola (día 10 rúa da raiña 11:00 h. / día 11 rúa san marcos 17:30 h.)
56.  Ritmo Lugo (día 7 barrio de albeiros 19:00 h.)




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova