Cargando....
Concello de Lugo
07/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Bando de San Froilán 2011


# Luns, 26/09/2011


O EXCMO. SR. ALCALDE PRESIDENTE DO EXCMO. CONCELLO DE LUGO FAI SABER QUE:

Constatadas as grandes aglomeracións que se orixinan durante as festas locais de San Froilán, faise necesario garantir a libre e segura circulación de persoas polas vías e espazos de uso público da cidade de Lugo, segundo a súa afectación, comprendidas dentro do recinto feiral de San Froilán e áreas adxacentes polas que transcorren vías urbanas de entrada e saída ó dito recinto, así como mantelas expeditas para atender as necesidades de evacuación e emerxencia que xurdan, asegurando o acceso e saída de vehículos de emerxencia das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, de ambulancias, de prevención e extinción de incendios e de protección civil.

Vistas as atribucións conferidas ós concellos polos artigos 2.2 da Lei orgánica 1/1992, de protección da seguridade cidadá, 1 e 53 e concordantes da Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, 25.1 e 124, do texto vixente da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local e concordantes da Lei 7/1997, de Administración local de Galicia, 7 e concordantes da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria, a Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, os artigos 75 e 77 do Regulamento de bens das entidades locais e demais lexislación de aplicación.

Na súa virtude, esta Alcaldía, oída a Xunta Local de Seguridade de Lugo, e facendo uso das atribucións que lle confire o artigo 124. 1. g) da Lei 7/85, reguladora das bases de réxime local DITA este:

BANDO

PRIMEIRO.- Durante o período de tempo comprendido entre os días trinta de setembro e doce de outubro, ambos os dous inclusive, deste mes de outubro de 2011, e de acordo co uso ó que están afectadas, non se poderán realizar actos ou actividades nos espazos e vías públicas que se determinan no parágrafo dispositivo segundo deste bando que supoñan restrición ou obstaculicen a libre e segura circulación de persoas, así como o acceso, circulación e saída de vehículos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, de ambulancias, de prevención e extinción de incendios e de protección civil con motivo de actuacións preventivas e de intervención.

Exceptúanse desta prohibición as actividades que realicen dentro do recinto feiral e na praza Maior as persoas ou entidades que conten coa debida autorización expedida polo órgano municipal competente e nos estritos termos dela, así como as ocupacións da vía publica ou de espazos públicos que realicen os establecementos de hostalería  que conten coa referida autorización municipal.

SEGUNDO.- O perímetro afectado por este bando comprende a totalidade do núcleo histórico -entendéndose por tal o recinto amurallado, con especial referencia ás zonas peonís- así como o denominado recinto feiral coas vías públicas e espazos seguintes:

            Rúa Rodríguez Mourelo.
            Rúa García Portela.
            Rúa Puro Cora.
            Rúa Ribadeo.
            Rúa Xeneral Tella
            Rúa Pascual Veiga
            Rúa Cidade de Viveiro
            Rúa Cedrón del Valle
            Rúa Recatelo
            Rúa Loureiros
            Rúa Vilalba
            Praza Imáns Pedrosa
            Praza de Avilés
            Rúa Armando Durán
            Paseo Vila de Foz
            Rúa Frei Plácido
            Rúa Bispo Aguirre

TERCEIRO.- Considerar como vías prioritarias de transito forte e con grande aglomeración de xente o perímetro e as vías comprendidos no parágrafo precedente.

Lugo, 23 de setembro de 2011
O ALCALDE EN FUNCIÓNS,

Asdo.: Xosé Antón Bao Abelleira.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova