Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Esther Muñóz anuncia que a Xunta recorta as axudas para as Escolas Infantís do Concello de Lugo


# Luns, 26/09/2011


Imaxe Asociada

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, anunciou un novo recorte nas axudas que a Xunta viña dando ao Concello de Lugo para o mantemento das escolas infantís.

Esther Muñóz explicou que “estamos preocupados porque a Xunta volveu recortar en algo fundamental como é a educación xa que nos comunicaron da entidade autonómica que de dúas axudas que solicitamos para o mantemento de dúas escolas infantís concederon as dúas pero diminuíron a cantidade sen motivos aparentes.”

Durante estes anos, o Concello de Lugo, viña recibindo unha subvención de 32.000 euros para cada escola infantil, este ano sen motivo aparente esa axuda redúcese en 3.000 euros por cada unha. “Aínda que a cantidade non é moi alta si é esencial para mellorar os servizos que se prestan xa que temos que pensar que o mantemento de cada escola infantil é de preto de 200.000 euros anuais” segundo asegurou a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral.

Esther Muñóz lembrou que “quero facer fincapé en que estamos faltos de axuda da Xunta e,outra vez máis, o Concello vai ter que facer un esforzo enorme para manter as catros escolas municipais porque pensamos que cumpren unha importante función social, conciliar a vida familiar e laboral dos nosos veciños e veciñas”

Actividades extraescolares

Por outra banda, a Concelleira de Educación, informou que nunha reunión mantida cos directores dos colexios de Lugo, estes, informaron que non se levarían a cabo as actividades extraescolares que ofrece o Concello ao diferentes centros como son visitas a museos, obras de teatro, actividades de seguridade vial ou calquera acción que supoña desprazarse fora do recinto escolar como protesta ante a desidia da Xunta, a supresión de profesorado e o aumento de horas de traballo. “O Concello respecta e apoia a postura dos centros porque están no seu dereito pero este esforzo por parte nosa en complementar a educación dos nenos e nenas pode quedar en nada” rematou Esther Muñóz.

Escolas Infantís do Concello de Lugo



Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova