Cargando....
Concello de Lugo
16/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Hoxe presentouse a XII Carreira Ciclista do San Froilán que se celebra o sábado día 1 de outubro


# Mércores, 28/09/2011


Imaxe Asociada

José Manuel Grandío destacou que con estas actividades deportivas agárdase que se acheguen a Lugo máis de 3.000 persoas relacionadas co deporte

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Grandío, e Santiago Seijas, directivo do Club Ciclista Cidade de Lugo presentaron a XII edición da carreira ciclista do San Froilán.

Esta competición, que está prevista para o sábado 1 de outubro ás 16:30 horas, realizarase no circuíto que se creará na Avenida de Ramón Ferreiro cunha lonxitude de 1km. As categorías para as que está prevista a proba son principiantes, alevíns (darán 6 voltas ao circuíto), infantís (12 voltas ao circuíto), cadetes (20 voltas ao circuíto) e júnior (25 voltas ao circuíto). O número de participantes aproxímanse aos 350 que pertencen a 20 clubes de toda Galicia e a outros de Asturias, Castela e León e Portugal.

Díaz Grandío quixo destacar que durante estas festas “vai a haber 26 actividades deportivas que van a traer a nosa cidade entorno a 3.000 deportistas que dalgunha maneira van dar cor ás festas. Ademais, para moitos deles procedentes doutros lugares será a primeira vez que desfruten do San Froilán.”

En relación coas actividades deportivas, o Concelleiro de Deporte, destacou o campionato de futbolín ou a recuperación do concurso de pesca no río Miño ademais de “agradecer a todos os clubes que permiten que este amplio programa deportivo se leve a cabo, pola aportación de persoas que eso supón para a cidade.”


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova