Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco defende en Asunción a necesidade de colaboración entre administracións para facerlle fronte á crise


# Xoves, 29/09/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo interviu no VI Foro Iberoamericano de Gobernos Locais no que falou do papel dos concellos, pola súa proximidade cos veciños, nunha situación de crise

López Orozco foi convidado pola Federación Española de Municipios e Provincias a intervir neste Foro internacional no que tamén participan os alcaldes de Lisboa e Panamá e representantes dos gobernos de Paraguai, México, Arxentina e España, entre outros




O Alcalde de Lugo, José López Orozco, interviu a última hora de onte, hora española, no VI Foro Iberoamericano de Gobernos Locais, que se celebra esta semana en Asunción, capital do Paraguai.

López Orozco foi convidado pola Federación Española de Municipios e Provincias a participar neste Foro de Gobernos Locais, que ten como tema a Gobernabilidade local, descentralización e reforma do Estado, xunto a autoridades como o Presidente da República do Paraguai, o vicepresidente da Asociación Chilena de Municipios, o Director Executivo do Consello Nacional da Reforma do Estado da República Dominicana, o Director do Fondo de Investimentos Salvadoreño para o Desenvolvemento local, os alcaldes de Lisboa e Panamá, e diversos representantes dos gobernos de México, Arxentina, España e a FEMP.

O Alcalde defendeu, na súa primeira intervención neste Foro, titulada “Os retos da gobernanza multinivel”, o papel fundamental que lles corresponde ós Concellos nun mundo globalizado e nun momento de crise. Mantivo López Orozco que “hoxe, máis que nunca, se puxo de manifesto a importancia dunha boa xestión dos servizos públicos e a necesidade da colaboración entre as distintas administracións para aunar esforzos fronte á crise”. E afirmou que “son precisamente os concellos as administracións que máis coñecen as necesidades cotiás dos cidadáns, quen mellor poden contribuír, por elo, a satisfacer esas necesidades en educación, servizos básicos, etc”.

Lembrou o Alcalde que “no marco da Unión Europea, asúmese xa con absoluta rotundidade algo que eu, como municipalista, veño defendendo desde hai moito tempo: as relacións entre as administracións non poden ser de supremacía, senón de cooperación, coordinación e cohesión”. “E, grazas a este plantexamento, Europa conta con instrumentos como a Axenda 21 Local, o Pacto de Alcaldes, o Congreso de Poderes Locais e Rexionais e o propio Comité das Rexións, nos que os Concellos atopan un foro onde ser escoitados e poñer en común as súas experiencias e necesidades”, engadiu.

Explicou tamén López Orozco que “dende logo, a época que nos está tocando vivir non é doada, e os cidadáns están a sufrir no seu día a día a situación económica mundial, de xeito que os concellos teñen que ser máis que nunca instrumentos ó servizo das persoas. Pero, para elo necesitan da colaboración e o respecto do resto das administracións, que teñen ingresos moito maiores, pero carecen dese contacto directo e diario co cidadán de a pé”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova