Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Amplíase ata o xoves 6 o prazo para facer o pago da matrícula das actividades socioculturais


# Xoves, 29/09/2011


A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude informa que as listaxes provisionais de admitidos para as diversas actividades socioculturais xa se poden consultar nos diferentes Centros de Convivencia nos que se celebraron os sorteos públicos. Os centros son:

- Centro de convivencia Fingoi
- Centro de convivencia Maruja Mallo
- Centro de convivencia Sagrado Corazón
- Centro de convivencia Milagrosa
- Centro de convivencia María Balteira
- Centro de convivencia Lamas de Prado
- Centro de convivencia Uxío Novoneyra

Unha vez publicadas as listaxes provisionais, os admitidos, deberán facer a matrícula do curso en calquera das oficinas de Novacaixagalicia. O prazo para a realización dos pagos da matrícula amplíase ata o xoves 6 de outubro debido ao retraso na comprobación do cumprimento das condicións motivado pola gran demanda de solicitudes.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova