Cargando....
Concello de Lugo
15/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo propón á Xunta a creación dunha comisión para a análise das necesidades dos centros de educación da cidad


# Venres, 30/09/2011


Imaxe Asociada
Esther Muñoz remarcou a urxencia de crear un novo centro educativo para o Sagrado Corazón

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, explicou a proposición que leva o grupo de goberno ao próximo pleno e que se refire á creación dunha comisión de estudos que analice as necesidades dos centros de educación infantil e primaria.

Esta proposta ven marcada pola necesidade de analizar a situación actual dos centros educativos de infantil e primaria da cidade e a planificación das accións necesarias para dar resposta ás demandas actuais, entendendo que para acadar estes obxectivos é necesario crear os instrumentos necesarios, nos que participen tanto o Concello como a Xunta.

Esther Muñóz explicou que se reuniu cos directores de centros escolares da cidade e que “o Concello ten a obligación da conservación e mantemento dos centros pero descubrimos que moitas das peticións que facían eran a posibilidade de obra nova, unha solicitude da que non nos podemos facer cargo xa que é competencia da Xunta de Galicia.”

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, explicou a problemática que presenta o CEIP Sagrado Corazón, “que non é propiedade do Concello nin da Xunta senón que é fruto dun convenio de cesión en 1984 coa que entonces era Caixa Galicia e do que nós levamos o mantemento”.

Esther Muñóz lembrou a necesidade de novos centros e fixo referencia “ao compromiso anunciado recentemente por parte da Delegada da Xunta en Lugo, nas que mantiña o compromiso feito na campaña electoral polo conselleiro de Educación, para construír un novo centro na zona do Sagrado Corazón, o que non pode constituír máis que un motivo de satisfacción para o noso concello.”
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova