Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Arrinca o San Froilán 2011, "A mellor festa de Galiza"


# Venres, 30/09/2011
Máis de 150 actividades de música, teatro, espectáculos e diversión encherán de festa as rúas de Lugo ata o 12 de outubro.

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Concertos de primeiro nivel como os de Di Elas, Vetusta Morla, El Pescao, Luz Casal, The Pepper Pots, Manel, Deolinda, Gose, Los Coronas + Arizona Baby, Los Diablos ou Lucía Pérez estarán nos escenarios do San Froilán.

Máis de 15 grupos galegos como Berrogüetto, Budiño e Kepa Junkera, Treixadura, Os Cempés, Uxía, Miro Casabella, Lamatumbá ou Dios ke te Crew, converterán o San Froilán no maior festival de música galega do ano en Galiza.

Medio cento de grupos, asociacións e artistas a título individual da cidade participarán no San Froilán, concibido como “escaparate da cultura que se fai na cidade”.

Un espectáculo nocturno de globos aeroestáticos encherá de luz e son a Muralla o día 6.

Un desfile de gando polo centro da cidade rememorará a orixe do San Froilán, que comezou sendo unha feira para converterse logo en festa.

A festa recupera os cabezudos e o protagonismo das Bandas de Música e cada día en cada unha das portas da Muralla un grupo de teatro da cidade representará unha peza sobre a historia da cidade.

A festa chegará aos barrios e haberá animación de rúa e programación específica para os máis pequenos todos os días.

O San Froilán arrinca esta fin de semana cunha concentración moteira solidaria e o concerto dos grupos lucenses Arrytmia, Ocean´s Garden, Aro e Mytical Fail.

Unha exposición de cartaces, programas e imaxes da festa dende 1877 estará aberta durante todo o mes na sala de exposicións do Centro Social Uxío Novoneyra.

As casetas do polbo abriron hoxe as súas portas e estarán funcionando todo o mes. Os prezos son 7 euros a ración de polbo, 1 euros os cachelos e o pan e 4 euros o viño.

O tenente alcalde, o nacionalista Antón Bao, dixo que estas serán “as festas máis galegas, populares e participativas da historia”. O orzamento total é de 765.000 euros.

Toda a información en www.sanfroilan.info

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova