Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha Ordenanza regulará o uso dos espazos xuvenís do Concello de Lugo


# Martes, 04/10/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o proxecto da Ordenanza municipal reguladora dos espazos xuvenís do Concello de Lugo. Segundo informou o Concelleiro de Urbanismo e Voceiro Socialista, Luis Álvarez, o goberno local aprobou esta mañá a proposta que ten por obxecto a regulación do uso e funcionamento de instalacións como a Casa da Xuventude, a Oficina Municipal de Información Xuvenil, a Casa da Música e o Punto de Información Xuvenil do Castiñeiro. A Ordenanza establece que poderá utilizar estes servizos toda a mocidade lucense de 12 a 35 anos. Nela establécense os dereitos e obrigas dos usuarios. Tamén se sinala que os servizos mínimos das instalacións, como o préstamo de material ou o acceso á internet, son gratuítos.

A Xunta de Goberno tamén acordou actualizar os prezos do contrato asinado coa empresa encargada do servizo de prestación de actividades de ensinanza deportiva e servizos complementarios nas escolas deportivas municipais. A revisión de prezos para o período comprendido entre o 10 de xullo de 2011 e o 9 de xullo de 2012 faise segundo o IPC interanual e será do 2,7%.

Ademais, o Goberno local deuse por enterado da sentenza firme ditada pola Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que desestimou un recurso do Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Lugo referido á existencia de director de execución da obra de ampliación do sanatorio “Nosa Señora dos Ollos Grandes” con titulación de arquitecto técnico ou aparellador. A sentenza confirma un fallo anterior do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Lugo e imponlle ó Colexio profesional o pago das costas procesais.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova