Cargando....
Concello de Lugo
19/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco presentou o proxecto para a creación dun viveiro de naves industriais para os emprendedores


# Xoves, 06/10/2011
José Ramón Gómez Besteiro destacou a aposta innovadora do Concello de Lugo e a importancia que pode ter en materia económica

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Rede Mercurio está formada por diferentes asociacións e organismos da cidade relacionados co ámbito da empresa e da economía

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez e o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, presentaron na reunión da Rede Mercurio o proxecto de creación do viveiro de naves industrias para o aluguer a emprendedores.

López Orozco lembrou que “só o espírito emprendedor é o que nos vai axudar a remontar a crise e dende as administracións temos a obriga de amparar e darlle a colaboración as persoas que loitan por sacar adiante proxectos empresariais.” Por este motivo, o rexedor explicou que este proxecto enmarcado na Rede Mercurio, divídese en catro fases: estudio de necesidades, búsqueda de financiamento, construción das primeiras naves e adxudicación das mesmas aos emprendedores.

O Alcalde de Lugo explicou que “a Rede Mercurio é o primeiro paso importante de colaboración e traballo en común para mellorar a situación económica pero, o segundo paso é a construción dun viveiro de naves industriais que faga o mesmo traballo que agora fai o CEI pero a nivel industrial.” Desta maneira, os emprendedores lucenses disporán de espazos industriais máis grandes para desenvolver os proxectos iniciados nos viveiros de empresas da cidade.

Nesta primeira fase vaise facer un estudo de necesidades coas aportacións das entidades que forman parte da Rede Mercurio e o asesoramento da empresa pública Valnalón, con ampla experiencia en iniciativas deste tipo. López Orozco tamén explicou que “o Concello aínda é propietario de solo industrial no polígono do Ceao polo que xa partimos da base de que temos espazo onde facelo. Ademais vamos constituír unha agrupación administrativa en conxunto para que ese solo industrial poida transformarse en naves e que as poidamos poñer baixo unhas condicións administrativas en favor dos nosos emprendedores.”

Rede Mercurio

A Rede Mercurio ten como obxectivo común promover e apoiar a creación de novas iniciativas empresariais e aunar esforzos en materia económica e de emprego ademais de traballar en equipo e evitar a duplicidade optimizando os recursos entre todos os membros

Esta iniciativa do Concello de Lugo está formada polos seguintes organismos: Deputación de Lugo, USC-Campus de Lugo, COGAMI, Fundación CEL, CETAL, Cámara de Comercio, Asociación Jóvenes Empresarios, Asociación Empresarios Polígono do Ceao, Asociación de Mulleres Empresarias, Federación de Comercio de Lugo, Confederación de Empresarios, Agestic e Centro Tecnolóxico Lácteo.

Iniciativa pioneira na provincia de Lugo

Por outra banda, o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Besteiro, manifestou o compromiso do Concello de Lugo ao “escoitar á Asociación de Jóvenes Empresarios e aos emprendedores para liderar o que será o primeiro viveiro de naves industriais da provincia” lembrando que “foi un compromiso electoral do Alcalde que comeza a tomar forma no arranque deste mandato”.

Nun momento económico coma este, Gómez Besteiro destacou que “o Concello de Lugo sabe adaptarse ós novos tempos, apostando pola inversión útil xa que non se trata de facer grandes polígonos para que logo estén baleiros, nin de teimar con prezos desproporcionados que non se axustan á realidade lucense” en alusión ao polígono das Gándaras.

O Presidente da Deputación fixo fincapé en que o organismo provincial foi capaz de reorientar a política industrial cara áreas realmente necesarias e cos prezos máis competitivos e económicos da provincia de Lugo.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova