Imprimir

MANUEL CHAÍN ASISTE Á PRESENTACIÓN DA MARCA TERNERA GALLEGA SUPREMA


7/10/2011

O Concelleiro de Zona Rural, Manuel Chaín, asistiu á presentación da nova marca Ternera Gallega Suprema que xurdiu entre a vinculación de IXP Ternera Gallega e a ACRUGA (Asociación criadores de rubia galega).

Manuel Chaín salientou as características deste tipo de carne que cualificou “como a mellor raza do mundo en actitude cárnica” e felicitou a ambas entidades pola unión xa que “desta maneira manteranse as medidas encomendadas á manter a pureza e a conservación da raza así como a súa mellora.” O Concelleiro, tamén se referiu á Ternera Gallega como “sinónimo de carne de calidade dentro e fóra de Galicia.”

O acto, presidido polo Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, tamén estiveron o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, o Presidente de IXP Ternera Gallega, Jesús González Vázquez, e o Presidente de ACRUGA, Cesar Dorado Pin.