Imprimir

UN PARTICIPANTE LUCENSE DO PROGRAMA EUROTROCO SELECCIONADO PARA PARTICIPAR NA SEMANA EUROPEA DA PEME


7/10/2011

Un dos participantes do programa Eurotroco, o Erasmus para emprendedores que puxo en marcha o Concello de Lugo a través do CEI-Nodus, está participando estes días na Semana Europea da PEME en Bruselas. O lucense Óscar Pásaro, que participa os días 6 e 7, foi un dos 750 participantes seleccionados entre PEME´s, emprendedores, organizadores empresariais e organismos rexionais de toda Europa para formar parte desta cumio que se celebra entre o 3 e o 9 de outubro organizada pola Comisión Europea.

A cumbre celebrará as xornadas de apertura e peche no Hermiciclo Parlamentario e 10 talleres paralelos que tratará a súa vez diferentes temas relacionados coas empresas como a financiación, innovación ou mulleres empresarias entre outros.

CEI-Nodus cei.lugo.es